O CDTIC da Amtega acolle este xoves unha demostración sobre métodos de transferencia de ficheiros por internet
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións este xoves, 5 de marzo, a sesión “Managed File Transfer: métodos de transferencia de ficheiros por internet” (https://cdtic.xunta.es/mft-v-mann), que se desenvolverá en horario de 16.30 a 19.00 horas.
Na xornada explicarase en que consiste un Managed File Transfert, método utilizado na actualidade para o transporte seguro e supervisado de ficheiros a través de internet, que incorpora métodos como o SFTP e FTPS.
Esta sesión demostradora está especialmente deseñada para empresas de loxística, transportes, franquías, call centers, cadeas de tendas e empresas de informática. V-Mann será a empresa encargada da demostración, unha compañía tecnolóxica especializada no desenvolvemento de solucións para a comunicación de datos, web e apps.
Para participar nesta actividade cómpre inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.es/). A asistencia é de balde e hai prazas dispoñibles.