O BNG na Deputación de Ourense presenta moción que insta á Xunta a reunir a Mesa do Viño para solventar os conflictos que acontecen na actualidade

Viñedo

 

O BNG na Deputación de Ourense insta á Xunta a reunir a Mesa do Viño para solventar os conflictos que acontecen na actualidade e que indican que xa veñen de tempo. Para isto presentará mañá na Deputación de Ourense, no pleno ordinario, unha moció ao respecto na que inste á Xunta de Galiza á reunir a Mesa do Viño coa participación de todos os axentes que interveñen no sector e coa intermediación da administración coa finalidade de analizar a situación do sector e de acadar acordos que garantan relacións contractuais igualitarias entre produtores e industria, nos que se establezan garantías de recollida e de prezos mínimos pola uva.

Además propón que se establezan medidas de financiamento público para adiantar liquidez ás industrias que subscriban contratos homologados cos produtores para que poidan cobrar a produción antes da finalización do ano natural sen que estes adiantos sexan garantidos a conta do produtor.

Por último consideran que todas as axudas públicas ás que concorran as industrias teñan en conta á hora da súa resolución que estas subscriban contratos cos seus proveedores de materia prima.

A moción presentarase da mán de Leopoldo Rodríguez Puga e Xaime Óscar Iglesias Pérez, deputados do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, ao abeiro da Lei da Administración Local de Galiza e demáis disposicións concordantes para debate e aprobación, se procede.

 

También te podría gustar...