O BNG lamenta “a falta de espazos para colocar carteis electorais en Rubiá e Vilamartín”
- A formación nacionalista afirma que loitará para facer chegar a súa mensaxe á poboación
O coordinador do BNG na comarca de Valdeorras, Manuel Agra Villar, deu a coñecer que o BNG lamenta a falta de espazos para colocar os carteis electorais da formación nacionalista nos concellos de Rubiá e Vilamartín.
O BNG de Valdeorras valorou que “lamentamos e denunciamos que estes concellos non teñan sensibilidade coas organizacións que non teñen cabida nos debates «a catro». Pese ás deficultades, o BNG seguirá loitando por facer chegar a súa mensaxe nacionalista á poboación”.
Dita circunstancia non desanima á formación nacionalista. A propia Noa Presas, cabeza de lista do BNG pola provincia de Ourense reiterou nos últimos días que o BNG afronta a repetición das eleccións xerais con compromiso, ganas de traballar e, sobre todo, moita ilusión.