O BNG de Vilamartin presenta moción no concello por o problema das augas no pobo de Arnado
Sofía Carril Calvo, Óscar Luís Núñez Méndez e Antón Rodríguez Prieto, como membros da Candidatura ás Eleccións Municipais de 2011 e membros do grupo BNG, presentan unha moción no concello de Vilamartín por o problema das augas no pobo de Arnado
Indican que dende o ao 2007 o BNG ven denunciando a situación das augas do pobo de Arnado e como xa daquela o PP de Vilamartín e a alcaldía respondía que era falso que e a toma de auga e o depósito a auga de Arnado non estivera en condicións, ou que esta contivera coliformes, contra o que indicaban as analíticas feitas pola veciñanza.
Despois disto, a alcaldía comprometeuse á construción de un novo depósito o cal parécelles chocante cando primeiro negaron que houbese un problema e logo ofrécense a resolvelo.
Na moción que presentan exisen á alcaldía:
- que recolla a información dos veciños e atenda ás propostas destes para ser tratadas no pleno.
- que aclare se o depósito de Arnado está nas condicións de salubridade para o consumo dos e das veciñas.
- que leve e se trate en pleno este problema para poder debater e procurar e votar en pleno a solución máis axeitada para a veciñanza deste pobo.
Queren saber ademáis para cando se pensa facer a obra do novo depósito e cando pensan solucionar este problema que dura xa case unha década.