O BNG de Vilamartin pide explicacións a alcaldesa pola aparición de familiares en correos do caso ‘Pokemon’
O BNG de Vilamartin pide explicacións a alcaldesa pola aparición de familiares en correos do caso ‘Pokemon’.
Ademáis presentarase no rexistro do Concello un documento dirixido á alcaldesa e á oposición, no que van constar a súa inquedanza pola situación plantexada tras a aparición destes correos na opinión pública, e cales son as explicacións que se van a dar e cando.
O grupo do BNG ademáis, mediante un comunicado aos medios solicita as explicacións da alcaldesa.
A alcaldesa de Vilamartín de Valdeorras débenos aos veciños unha explicación, esiximos que á alcaldesa dea as explicacións pertinentes para aclarar este caso.
No caso de non aclarar este feito esiximos a súa dimisión da alcaldía e a renuncia da acta de concelleira.
Demandamos do PSOE de Vilamartín solicite un pleno extraordinario para tratar e aclarar este tema.
Esiximos que o PSOE presente unha moción de confianza para que os concelleiros que apoian a Alcaldesa deixen claro se continúan a prestarlle o apoio, ao tempo, demandamos que todos os concelleiros do pleno actúen de acordo á súa conciencia, demanden explicacións ou lle retiren o apoio se ela non aclara a situación.
Non pretendemos culpabilizar nen acusar, nen prexulgar, pero o que está claro e que a alcaldesa de Cartelle lle envía a un imputado da Pokemon un correo onde lle pide “alguna posibilidad de hacer algo por ella”.
O grave, xa non só é que pida para alguén en concreto, se non que os méritos que alega é ser neta e filla da actual alcaldesa, ¿até onde pensamos chegar?
Xa non é a primeira vez que a familia da alcaldesa aparece salpicada polas sospeitas de un caso de enchufismo, cabe lembrar que na lista dos “enchufados por Ourense”, lista que se dera a coñecer e vinculada posiblemente ao Congreso no que se xogaba a renovación de Baltar, á fronte do PP de Ourense, xa aparecía seu irmán involucrado.
Nós estivemos esperando dende que saeu a noticia, dando un tempo prudencial, á que a alcaldesa de Vilamartín se puidera explicar, pero a única reacción desta foi desactivar a súa páxina de facebook. Todo un exercicio de transparencia!
As dúas alcaldesas deben de dar as explicacións pertinentes, tanto ao pé de rúa como nun pleno extraordinario, para aclarar a situación. A alcaldesa de Vilamartín de Valdeorras explicar se ela estaba ao corrente deste feito, se nalgún momento intercedeu nesta tentativa de enchufismo, ou se pola contra, a alcaldesa de Cartelle actuou de motu proprio, polo que deberá esixir a dimisión da súa compañeira de partido, por involucrala nun caso de enchufismo.