O BNG de Vilamartin convoca en asamblea aberta aos veciños mañán sábado
O BNG de Vilamartin convoca en asamblea aberta aos veciños mañán sábado día 13, na que se queren tratar os seguintes temas cos veciños:
- Informa e comentario sobre as propostas levada a cabo ao longo desta lexislatura
- Emigrantes retornados, propostas de apoio
- Propostas veciñais para levar ao Concello
- Liñas de traballo para as eleccións locais
Esta asamblea aberta en palabras do seu representante, Antón Rodríguez, Responsábel local do BNG quere que ‘no proceso de implicación e aumento da base de apoio do bloque, ante a necesidade de dar acoñecer as propostas que dende a nosa organización estamos a facer, debida á situación de desesctructuración que no noso concello estamos a vivir, con unha alcaldía máis preocupada de seus propios problemas que dos da cidadanía, cos líos internos do PP de Vilamartín, os amores correspondidos de APGa e a práctica inexistencia de unha oposición digna de tal nome’.
A cita será ás 20:00h en Santa Lucío Centro Social.
O BNG de Vilamartín convoca á veciñanza do Concello a asistir ás asembleas abertas para expresar as súas necesidades, as súas dúbidas, a facer as propostas que consideren necesarias para levar ao Concello.
n
Antón Rodriguez fai fincapé en que ‘non esquecemos que o futuro electoral de Vilamartín está moi pouco claro, só se sabe que a alcaldesa pretende reeditarse como cabeza de lista de un PP máis dividido que nunca e que é o momento de bater con máis forza nun proceso de descomposición como o que está a sufrir’.
Por esto fan un chamamento aos e ás veciñas de Vilamartín a dar luz ás súas demandas, a que as súas propostas teñan voz.