O BNG de Viana presenta moción de apoio aos emigrantes retornados na sua loita contra as sancións que lles quere impoñer o Ministerio de Facenda
O BNG de Viana presenta moción de apoio aos emigrantes retornados na sua loita contra as sancións que lles quere impoñer o Ministerio de Facenda.
Dende o BNG de Viana solicítase que o pleno do concello adopte o seguinte acordo.
Secundino Fernández Fernández, Xosé Antón Alfonso García e Antón Pérez Castro concelleiros do BNG na Corporación Municipal de Viana do Bolo, ao abeiro da lexislación vixente, apresentan a seguinte
1. Demandar do Goberno do Estado español:
a) Que proceda á modificar a lei para fixar un mesmo IRPF para as rendas procedentes de pensións, con independencia de se estas proceden dun estado ou de varios estados.
b) Recoñecemento de oficio das pensións de invalidez, recoñecidas nos países de procedencia e así acreditar a exención na tributación
c) Solicitar información dos países de procedencia das pensións, sobre todo de Suíza, para verificar que prestacións tributan no país de orixe para evitar a dupla imposición.
d) Revisión dos convenio marco con outros países para evitar que situación deste tipo poidan volverse a producir.
2. Manifestar o apoio deste concello as veciñas/os beneficiarias de pensións do estranxeiro afectadas pola reclamación de Facenda.
Para o BNG, tras este colectivo recibir requirimentos da Axencia Tributaria para que declaren as cantidades percibidas coa finalidade de proceder á regularización ou no seu caso formulación da declaración sobre o imposto das persoas físicas correspondentes aos exercicios de 2008, 2009, 2010 e 2011, produciuse unha forte resposta social que é incontestabel. Estas persoas nunca recibiron ningún tipo de información en relación coa súa obriga de declararen as contías das pensións percibidas no estranxeiro. Existía un total descoñecemento da obriga de facer esa declaración anual do IRPF, o que confirma a falta de intencionalidade de defraudar por parte destas, e que se apoia co feito de os estados pagadores nunca lles expediren ningunha certificación en relación coas cantidades percibidas.