O BNG de Viana pide explicacións ao alcalde sobre o Seguro de Responsabilidade Civil que ten suscrito o Concello
O BNG de Viana pide explicacións ao alcalde sobre o Seguro de Responsabilidade Civil que ten suscrito o Concello.
En conversa mantida dende esta redacción co grupo do BNG de Viana, semella que hai un conflicto en canto a póliza de Seguro de Responsabilidade Civil que o Concello de Viana do Bolo ten suscrito en canto ás coberturas que nel entran.
‘Por decreto o alcalde pagou 6434 € por unha póliza dun seguro de responsabilidade civil. Posteriormente a esa data o alcalde por decreto pagou unha factura con cargo aos fundos municipais por danos nun vehículo como consecuencia da caída dun cartel municipal’.
O grupo do BNG pregúntase poque non cubriu estos gastos a citada póliza e en caso de que non o cubra, que fáganse públicas as coberturas de dita póliza e se vanse a ampliar para evitar calquera tipo de suspicacias de que o concello fágase cargo de uns desperfectos que debería de estar cubertos por un seguro de estas características.