O BNG – Asembleas Abertas de Vilamartín continúa a pedir un debate entre os candidatos
O BNG – Asembleas Abertas de Vilamartín continúa a pedir un debate entre os candidatosun debate aberto á cidadanía e ás preguntas desta.
Consideran ineludíbel levar a cabo este debate para aclarar os programas e as preferencias de actuación, xa que a día de hoxe as forzas políticas de Vilamartín non están a resolver a maior parte das incógnitas da sociedade.
O programa, as políticas de pactos, as preferencias de investimento e actuación son dúbidas razonables para todas as persoas que queren exercer o seu voto con criterio.
Consideran vergonzoso que non se leve a cabo unha aclaración aos veciños, xa que moitos dos candidatos que a día hoxe se presentan, parecen escapar dos electores, dos opositores e despois pretenden dar leccións de democracia.
A súa proposta de debate é tres turnos de cinco minutos onde no primeiro haxa unha presentación de candidaturas e cabezas de lista, nun segundo as liñas de actuación e un terceiro un desenvolvemento do que poden ser considerados, puntos estrella.
Para rematar con un turno de entre 5 e 10 minutos para poder aclarar algunhas das preguntas do público asistente.
Propoñen o debate, o 22 de maio ás 20:30h, consideran que é necesario que se leve adiante.