O Barco presente na colección ‘Ourense feito arte’
A colección ‘Ourense feito arte’, que La Voz de Galicia ofrece durante o presente mes como suplemento no periódico de tirada en papel cun engadido no coste dun euro, mostrará unha imaxen do Barco.
Unaha serie de traballos realizados por Isabell Seidel, nos que lle da a súa propia visión artística, que poderanse ter en formato de láminas e que acompañarán como suplementos ó xornal indicado, e nos que unha das citadas láminas recollerá a visión desta artista do Barco de Valdeorras.
Outras vilas tamñen aprecerán nas láminas como son Allariz, Celanova ou Ribadavia, a parte da cidade de Ourense.
Trátase de láminas feitas con tinta china e acuarela, técnica dunha corrente internacional da que esta artista forma parte.