O Barco, escenario da presentación de propostas de Podemos en Valdeorras

Cartel Inter

 

O vindeiro xoves 18 de agosto, ás 19:00 horas, terá lugar no Multiusos do Concello do Barco a presentación das propostas elaboradas polos membros dos Círculos do Barco e A Rúa para a construción dun programa pensado para solucionar os problemas aos que se enfronta o noso país.

Trátase dunha reunión participativa, aberta a toda a cidadanía, na que calquera poderá expoñer as súas ideas e debatelas para a elaboración do programa con que PODEMOS presentarase ás próximas Eleccións Xerais.

De momento xa están preparadas unha ducia de propostas que se sumarán aos centenares de ideas provenientes de toda Galicia e o resto de España, algunhas das cales xa están sendo evaluadas e debatidas por todos os participantes nos espazos virtuales Praza Galicia e Praza Podemos.

Estas xornadas, que se viñeron desenvolvendo durante todo o mes de agosto en distintas localidades galegas, supoñen un fito como exemplo de participación cidadá, xa que o programa de PODEMOS vai ser elaborado a partir de todas estas propostas elaboradas pola xente, polo que se converterá nun auténtico programa da xente.

A lectura das distintas propostas estará apoiada pola mesa formada por Marcos Cal (Organizador destas xornadas desde o Círculo Pontevedra), Ángela Rodríguez (Secretaria de Igualdade e candidata ao Congreso por Pontevedra), Íñigo Ansotegui (membro do Círculo A Rúa) e Carmela Docampo (Secretaria Xeral Podemos O Barco e candidata ao Congreso por Ourense).

También te podría gustar...