O Apalpador en Monforte
Hoxe venres 24 de decembro pola mañá Monforte de Lemos recibirá a visita do Apalpador, que percorrerá as rúas da cidade dende as 11 da mañá, para visitar ós nenos e nenas da cidade.
O Apalpador, mítico personaxe da tradición popular galega, naceu no Courel, baixa cada ano das montañas polas festas do Nadal. Grandullón, bo, de mirada doce e longas barbas coloradas, durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, da caza de xabaríns, recolle mel e fai aparecer coas ramas dos bosques os xoguetes que as madeiras esconden.
O maña do 24 de decembro pola mañá percorrerá, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, as rúas da cidade de Monforte, para apalpar as barrigas dos máis pequenos da casa.
Na súa visita a Monforte, o Apalpador virá acompañado dun músico amigo seu. Esta animación corre a cargo de Anxo Moure (apalpador) e Servando Barreiro (músico).