O alcalde da Rúa e a Conselleira de Sanidade asinaron o protocolo de cooperación para a construcción dun ascensor no Centro de Saúde

20150519 Sinatura protocolo cs A rúa 5

 

Onte a mañá, no Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde, o alcalde da Rúa, Avelino García Ferradal, e a Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, asinaron o protocolo de cooperación para a construcción dun ascensor no Centro de Saúde rués.

O obxectivo desta iniciativa é facilitar o acceso ós pacientes ó primeiro andar do centro. Este proxecto, presupostado, en 60.000 €, será financiado pola Consellería nun 60%, a Deputación de Ourense nun 30 e o Concello nun 10.

Comisión de seguimento

Para a súa consecución, formarase un grupo de traballo composto por dous representantes de cada unha das partes asinantes. Ademais, crearase unha comisión de seguimento que interprete e asegure o bo fin e cumprimento deste protocolo.

A entrada en vigor deste protocolo é ao día seguinte da súa sinatura e conta cunha vixencia dun ano, podendo ser prorrogado por mutuo acordo antes da data da súa finalización.

20150519 Sinatura protocolo cs A rúa 2

 

También te podría gustar...