O alcalde da Pobra de Trives convoca pleno ordinario no que solicitará o apoio de todos os edís á supresión dos partidos xudiciais
O alcalde da Pobra de Trives convoca pleno ordinario no que solicitará o apoio de todos os edís á supresión dos partidos xudiciais dentro dos puntos a tratar no mesmo.
O alcalde da Pobra de Trives, Francisco José Fernández Blanco, ven de convocar un pleno ordinario da corporación municipal que se celebrará o próximo xoves día 30 de outubro ás 19 horas na Casa do Concello.
Na sesión ordinaria, convocada oportunamente e conforme ao preceptuado pola lexilación vixente, sometaranse a debate e votación os seguintes asuntos.
a) Proposta de días festivos locais para o ano 2015
b) Declaración de rexeitamento a desaparición do partido xudicial da Pobra de Trives
c) Adhesión a sección de concellos con intereses turísticos da Federación Galega de Municipios e Provincias
d) Información sobre a desaparición das brigadas da Deputación Provincial de Ourens
e) Rogos e preguntas.
O presidente da corporación municipal, Francisco José Fernández, vai solicitar o apoio de todos e todas os edís para mostrar con rotundidade a oposición da cidadanía trivesa á desaparición dos partidos xudiciais. Asemade entende necesaria a pertenza a sección dos municipios turísticos da Fegamp do Concello da Pobra de Trives, referencia do turismo interior de Galicia.