O 50% do alumnado de 3º en Ourense non se presenta no su centro educativo para realizar a proba da LOMCE
Se ben os datos son dispares, con centros onde se acada o 100% de alumado que non realizou a proba, e outros onde ronda o 10%, afirman desde a sección de CCOO-Ensino, que onte as familias manifestaron un claro rexeitamento a esta proba.
Ademáis, hai que poñer de relevo que moitas familias que NON querían que os seus fillos e fillas fixesen esta proba, tiveron que enviar aos nenos/as ao colexio pola imposibilidade de conciliación coa súa vida laboral.
Para CCOO-Ensino, queda máis que constatado a FORTE REPULSA que provoca, tanto esta proba INÚTIL, como a propia LOMCE, por parte de toda a Comunidade Educativa. Este rexeitamento faise extensible ao Conselleiro de Educación e á súa Dirección Xeral.
Está claro que as familias non creron a mensaxe enviada dende a Consellería; as familias saben perfectamente que a avaliación individualizada de 3º, non é o mesmo que a proba diagnóstica de 4º e o rexeitamento de hoxe é a mostra máis plausible.
Dende CCOO-Ensino queren agradecer, tanto aos centros educativos como ás familias que todo se resolvese nun clima de tranquilidade, a pesar da polémica situación creada con respecto á realización desta avaliación individualizada. Secretaría de comunicación CCOO Ensino Ourense.