O 061 líder en España na investigación e adestramento para mellorar a atención á parada cardiorrespiratoria

image_gallery

 

O salón de actos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago acolle hoxe a xornadaSupervivencia á parada cardiorrespiratoria extrahospitalaria. Resultados preliminares da hipotermia durante a reanimación cardiopulmonar, organizada pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e na que o acto inaugural estivo presidido polo xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa; e o xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Santiago, doutor Luis Verde Remeseiro; acompañados polo director de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, José Antonio Iglesias Vázquez.

Esta xornada serve de marco para revisar os avances que se produciron nos últimos anos no manexo da parada cardiorrespiratoria e os resultados dos mesmos na asistencia aos pacientes. Así, o presidente do Consello Español de RCP, o doutor Ignacio Fernández Lozano, abre a xornada cun relatorio baixo o nome de Estado de investigación e proxectos nacionais en torno á parada cardíaca.

Fernández Lozano explicará a importancia do proxecto OHSCAR, coordinado por todos os servizos de emerxencias nacionais e deseñado para analizar os resultados da PCR extrahospitalaria. Afondará sobre o valor eixe vector desta iniciativa para futuros proxectos de investigación a nivel nacional, nos que a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 participa, ao tempo que lidera outras iniciativas para mellorar o prognóstico desta enfermidade, tanto no campo da asistencia como do adestramento e a investigación.

Facendo balance, a doutora María Victoria Barreiro, directora asistencial de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, baixo o nome de Supervivencia á parada cardiorrespiratoria no 061 de Galicia, presentará os resultados en termos de supervivencia e situación funcional das PCR atendidas polo 061 nos últimos 10 anos, destacando unha mellora nos resultados.

A continuación, o director de coordinación do 061 galego, Manuel Bernárdez Otero, falará do Protocolo RCP telefónica, elaborado conxuntamente ao longo dos anos 2012 e 2013 por todos os servizos de emerxencia do Estado. O doutor Bernárdez destacará a importancia de realizar unha implantación e implementación deste protocolo en todas as centrais de coordinación de emerxencias do noso país, co obxectivo de avaliar o seu impacto e, en caso de necesidade, introducir accións de melloras no mesmo.

 

También te podría gustar...