O 061-Galicia asistiu a 92 persoas por 70 accidentes de circulación durante a fin de semana

  • Dende as 15:00 horas do venres 16 de decembro ata as 23:59 horas do domingo 18 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 86 chamadas por accidentes de tráfico

 

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 92 persoas debido a 70 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 16 de decembro ata as 23:59 horas do domingo, 18 de decembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 29 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 86 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 70 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 92 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 53 e 47 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 33 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 28 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
 

Provincia
Accidentes

A Coruña

26
Lugo
10
Ourense
6
Pontevedra
28
Galicia
70

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 106. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en nove sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu en catro ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 77 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 14 ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en dous sinistros.

En 81 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e tres persoas faleceron no punto.

También te podría gustar...