O 061-Galicia asistiu a 91 persoas por 70 accidentes de circulación durante a fin de semana

  • Dende as 15:00 horas do venres 23 de setembro ata as 23:59 horas do domingo 25 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 81 chamadas por accidentes de tráfico

 

Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 91 persoas debido a 70 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 23 de setembro ata as 23:59 horas do domingo, 25 de setembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 30 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 81 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 70 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 91 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59 e 41 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 34 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 33 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

22
Lugo
6
Ourense
9
Pontevedra
33
Galicia
70

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 91. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en catro sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 78 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en nove ocasións.

En 77 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 14 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

También te podría gustar...