O 061-Galicia asistiu a 79 persoas por 47 accidentes de circulación durante a fin de semana
- Dende as 15:00 horas do venres 21 de outubro ata as 23:59 horas do domingo 23 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 58 chamadas por accidentes de tráfico
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 79 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 21 de outubro ata as 23:59 horas do domingo, 23 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 23 accidentes.