O 061-Galicia asistiu a 75 persoas por 52 accidentes de circulación durante a fin de semana
- Dende as 15:00 horas do venres 14 de outubro ata as 23:59 horas do domingo 16 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 61 chamadas por accidentes de tráfico
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 75 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 14 de outubro ata as 23:59 horas do domingo, 16 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 24 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 61 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 75 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 60 e 40 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 36 por cento dos atendidos tiña entre os 35 e os 49 anos.
Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 21 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia |
Accidentes |
A Coruña |
17 |
Lugo |
7 |
Ourense |
7 |
Pontevedra |
21 |
Galicia |
52 |
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 72. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en catro sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 56 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en catro sinistros.
En 69 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 6 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.