O 061-Galicia asistiu a 66 persoas por 45 accidentes de circulación durante a fin de semana

  • Dende as 15:00 horas do venres 4 de novembro ata as 23:59 horas do domingo 6 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 59 chamadas por accidentes de tráfico

 

Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 66 persoas debido a 45 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 4 de novembro ata as 23:59 horas do domingo, 6 de novembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 19 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 45 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 66 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 48 e 52 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 45 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 19 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

14
Lugo
8
Ourense
4
Pontevedra
19
Galicia
45

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 53. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en sete sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 44 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dúas ocasións.

En 57 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.
 

También te podría gustar...