O 061-Galicia asistiu a 121 persoas por 74 accidentes de circulación durante a fin de semana
- Dende as 15:00 horas do venres 12 de febreiro ata as 23:59 horas do domingo 14 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 86 chamadas por accidentes de tráfico
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 121 persoas debido a 74 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 12 de febreiro ata as 23:59 horas do domingo, 14 de febreiro. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 26 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 86 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 74 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 121 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 55 e 45 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 34,5 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.
Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 28 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia |
Accidentes |
A Coruña |
28 |
Lugo |
8 |
Ourense |
12 |
Pontevedra |
26 |
Galicia |
74 |
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 99. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a 10 sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 79 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco sinistros. As ambulancias convencionais mobilizáronse en cinco ocasións.
En 106 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 14 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto do accidente.