O 061-Galicia asistiu a 111 persoas por 78 accidentes de circulación durante a ponte de Santiago Apóstolo

  • Desde as 15:00 horas do venres 22 de xullo ata as 23:59 horas do luns 25 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 89 chamadas por accidentes de tráfico

 

Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Ponte de Santiago Apóstolo a 111 persoas debido a 78 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 22 de xullo ata as 23:59 horas do luns, 25 de xullo. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 28 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 89 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 78 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 111 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 69 e 31 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 34 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 39 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

23
Lugo
11
Ourense
5
Pontevedra
39
Galicia
78

 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 117. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en 10 sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en tres ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 85 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 15 ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en catro sinistros.

En 97 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no lugar do accidente.

También te podría gustar...