Novo Parque público do Barrio do Hospital
- José Tomé Roca, acompañado por diversos membros do Equipo de Goberno, destacou que “hoxe cumpro o meu compromiso coa Asociación de Veciños do Barrio do Hospital, de construír neste barrio un novo parque público, nun barrio relativamente novo onde a maioría dos habitantes son xente nova e con nenos pequenos. Dende hoxe, tanto os veciños do barrio coma todos os monfortinos e monfortinas poderán disfrutar das súas instalacións”
- Este novo parque público da cidade ubícase na parcela que linda coa finca do Hospital Comarcal, coa rúa Corredoira, coa rúa Codesás e coa Ronda María Emilia Casas Baamonde, nunha extensión de algo máis de 8.500 metros cadrados
- Conta con varias zonas de céspede dotadas de mobiliario urbano, cunha zona de xogos infantís, paseos peonís lonxitudinais e transversais, así como alumeado e saneamento propios. Tamén conta cunha zona de elementos biosaudables de ximnasia para maiores, “coa que buscamos incentivar a práctica da actividade física entre os residentes desta zona da cidade”, sinala o Alcalde
- “O novo parque”, subliñou José Tomé, “tamén contribúe a paliar o déficit de estacionamento na zona do Hospital, pois dende o Concello dotámolo con 64 prazas de aparcamento para automóbiles, motos, bicicletas e prazas para minusválidos, polo que vai beneficiar tanto ós veciños que van a consulta no Hospital Comarcal como os que van de visita, ademais dos usuarios do propio parque”
- O Concello destinou para a construción desta nova infraestrutura de ocio e lecer no barrio do Hospital unha inversión duns 600.000 euros, dos cales 150.000 euros son aportados pola Deputación de Lugo, sendo o resto do orzamento total aportado polo Concello.
- “Para min como Alcalde, e para o Equipo de Goberno que presido, é unha satisfacción inaugurar hoxe un novo parque público nesta parte da cidade deste novo servizo público, porque para nós a atención ás persoas é un pilar fundamental da nosa acción de Goberno, e creemos que con esta nova infraestrutura urbana contribuímos a mellorar os servizos e a calidade de vida de todos os monfortinos”
- Cabe recordar que o actual Equipo de Goberno, levou a cabo melloras moi significativas nos parques e áreas de xogo da cidade, como as acometidas no Parque López Suárez, no parque da rúa Santiago; dotou de novas áreas biosaudables ás parroquias de Distriz, Gullade e Moreda; construíu o novo Parque infantil da Compañía, así como unha nova pista de Skate nesta mesma zona; mellorou o acondicionamento e iluminación do Parque de Cobas; e construíu o novo Parque infantil do barrio de Val de Lemos
- “O compromiso”, concluíu o Alcalde, “que mantemos dende o Equipo de Goberno cos veciños do Concello de Monforte segue a ser firme, e continuamos apostando por dotar de novos servizos e infraestruturas, a aquelas zonas do municipio onde sexa necesario, para que Monforte siga avanzando, porque Monforte, afortunadamente, vai ben”.
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou, na mañá de hoxe o novo Parque do Barrio do Hospital, un acto no que estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López e a Concelleira de Consumo, Regina López Arias, así como o presidente da Asociación de Veciños do Barrio do Hospital, Miguel Ángel Pino.
O rexedor monfortino destacou que “hoxe cumpro o meu compromiso coa Asociación de Veciños do Barrio do Hospital e cos monfortinos e monfortinas, de construír neste barrio un novo parque público, nun barrio relativamente novo onde a maioría dos habitantes son xente nova e con nenos pequenos. Dende hoxe, tanto os veciños do barrio coma todos os monfortinos e monfortinas poderán disfrutar das súas instalacións”.
Este novo parque público da cidade ubícase na parcela que linda coa finca do Hospital Comarcal, coa rúa Corredoira, coa rúa Codesás e coa Ronda María Emilia Casas Baamonde, nunha extensión de algo máis de 8.500 metros cadrados.
Conta esta nova infraestrutura urbana con varias zonas de céspede dotadas de mobiliario urbano, cunha zona de xogos infantís , paseos peonís lonxitudinais e transversais, así como alumeado e saneamento propios.
O parque dispón tamén dunha zona de elementos biosaudables de ximnasia para maiores, “coa que buscamos incentivar a práctica da actividade física entre os residentes desta zona da cidade”, sinala o Alcalde.
“O novo parque”, subliñou José Tomé, “tamén contribúe a paliar o déficit de estacionamento na zona do Hospital, pois dende o Concello dotámolo con 64 prazas de aparcamento para automóbiles, motos, bicicletas e prazas para minusválidos, polo que vai beneficiar tanto ós veciños que van a consulta no Hospital Comarcal como os que van de visita, ademais dos usuarios do propio parque”.
600.000 euros de investimento para o novo parque público da cidade
Cabe recordar que as obras para rematar o novo parque foron adxudicadas á empresa Calfensa Proyectos S.L., por un importe de 590.347,87€, e que esta empresa retomou as actuacións a principios do mes de abril dende o punto en que o deixara a anterior empresa adxudicataria, que non cumplira coa execución de ditas obras no prazo establecido, rescisión que fora ratificada polo Consello Consultivo de Galicia.
En total a inversión do Concello para a construción deste Parque alcanzou os 600.000 euros, dos cales 150.000 euros son aportados pola Deputación de Lugo, sendo o resto do orzamento total aportado polo Concello.
“Para min como Alcalde, e para o Equipo de Goberno que presido, é unha satisfacción inaugurar hoxe un novo parque público nesta parte da cidade deste novo servizo público, porque para nós a atención ás persoas é un pilar fundamental da nosa acción de Goberno, e creemos que con esta nova infraestrutura urbana contribuímos a mellorar os servizos e a calidade de vida de todos os monfortinos”.
Cabe recordar que o actual Equipo de Goberno, levou a cabo melloras moi significativas nos parques e áreas de xogo da cidade, como as acometidas no Parque López Suárez, no parque da rúa Santiago; dotou de novas áreas biosaudables ás parroquias de Distriz, Gullade e Moreda; construíu o novo Parque infantil da Compañía, así como unha nova pista de Skate nesta mesma zona; mellorou o acondicionamento e iluminación do Parque de Cobas; e construíu o novo Parque infantil do barrio de Val de Lemos.
-“O compromiso”, concluíu o Alcalde, “que mantemos dende o Equipo de Goberno cos veciños do Concello de Monforte segue a ser firme, e continuamos apostando por dotar de novos servizos e infraestruturas, a aquelas zonas do municipio onde sexa necesario, para que Monforte siga avanzando, porque Monforte, afortunadamente, vai ben”.
ANTECEDENTES
Carácter integral do novo Parque público do Hospital
O 30 de setembro de 2019 o Alcalde de Monforte deu a coñecer un proxecto para a construción dun novo Parque público no Barrio do Hospital. Ese mesmo día, iniciouse o procedemento para alcanzar estes obxectivos de construción do novo parque, xa que o Pleno da Corporación municipal aprobou a declaración de interese social da parcela onde se ideou construír esta nova infraestrutura urbana. O 17 de decembro de 2020, o Concello obtivo da Xunta de Galicia o permiso para expropiar os terreos necesarios para levar a cabo este proxecto do futuro Parque do Hospital. E tras elo, o Concello puxo en marcha o proceso para a licitación das obras de construción do novo Parque.
O novo parque público do Barrio do Hospital ideado polo Equipo de Goberno monfortino ten un carácter integral que dá resposta a varias cuestións ó mesmo tempo, de tal xeito que inclúe varias zonas de céspede, unha zona de xogos infantís, paseos peonís lonxitudinais e transversais, alumeado propio, e está dotado de varios elementos biosaudables de ximnasia para maiores. Tamén contribúe a paliar o déficit de estacionamento na zona do Hospital contando co 60 prazas de estacionamento para automóbiles e tamén conta con estacionamentos para motos, para bicicletas e prazas para minusválidos.
A superficie deste parque supera os 8.500 metros cadrados.
O Barrio do Hospital
O Barrio do Hospital atópase situado ó noroeste do centro urbano de Monforte de Lemos entre as zonas do seu casco histórico coñecidas como Abeledos e Ramberde e a Rolda María Emilia Casas Baamonde (tramo urbano da LU-644 situado ao leste da LU-617), barrio xurdido a finais do século pasado, a raíz da construción no lugar do Hospital Comarcal de Monforte e á apertura da referida Rolda María Emilia Casas, vial que veu comunicar as partes este e oeste da zona norte da cidade, divididas pola canle do Río Cabe.
Todo isto derivou que nas últimas décadas, esta parte norte da cidade e en especial o Barrio do Hospital, sexa a zona da cidade que experimentou un maior desenvolvemento, cun notable aumento de poboación e o establecemento de novos comercios de toda índole, como por exemplo o supermercado “Mercadona” de grandes dimensións existente na contorna próxima do Hospital Comarcal que acaba recentemente de ser ampliado.
A confluencia destes servizos no Barrio do Hospital fai que o número de persoas que se achegan ao mesmo sexa moi elevado, en especial, nas franxas horarias de maior afluencia ó Hospital Comarcal, así coma ó novo supermercado. Hai que ter en conta que o Hospital Comarcal constitúe, si non o que máis, si un dos lugares que congrega un maior número de persoas da zona sur da provincia, dado o número de traballadores que emprega e os usuarios diarios que atende.
Así mesmo, a apertura no ano 2015 do último tramo, con chegada á cidade de Monforte de Lemos, da estrada CG2.2 (Vía de Altas Prestacións Lugo-Monforte), a cal na súa parte final circunvala o norte do núcleo urbano de Monforte de Lemos e cuxos accesos a leste, conflúen na contorna do Barrio do Hospital, provocou que o número de vehículos que circulan por estas viuse acrecentado de forma exponencial, sendo estes agora mesmo os máis utilizados polos usuarios que se achegan á cidade desde o norte da provincia.
O gran desenvolvemento acadado polo barrio, fixo necesaria a dotación de novos espazos públicos destinados a cubrir as necesidades da poboación desta zona, formada en gran parte por xente nova con nenos. Deste xeito, o Equipo de Goberno monfortino levou, con este proxecto, a creación de novos espazos destinados ó lecer e esparcemento para este barrio, que ata a data contaba cunha área de xogos infantís na esquina das rúas Abeledos e Irmáns Dapena e outra con elementos biosaudables na rúa Corredoira.
Por outra banda, a poboación visitante que acode ó Barrio do Hospital buscando os servizos que nela se congregan, procedentes tanto de Monforte de Lemos como de toda a comarca e que na súa gran maioría achéganse ao lugar en vehículos particulares, atópanse co problema da falta de estacionamento, a pesar do número de prazas de aparcamento que alberga o recinto do Hospital Comarcal, problema que levou a proxectar, por parte do Concello, esta nova zona de aparcamentos de 64 prazas coas que conta o novo parque.
Así, o Concello acometeu a construción do novo Parque do Barrio do Hospital, cunha unha nova área de xogos infantís, de máis de 1.000 m2 de superficie, grandes zonas axardinadas e sendas para o paseo que enlaza co xa existente en paralelo á Rda. María Emilia Casas Baamonde, proveniente desde o leste (zona da Estación de Autobuses, Instituto Río Cabe, Paseo do Malecón, Edificio Multiusos e instalacións do Club Fluvial).
Descrición das actuacións levadas a cabo para a construción do novo Parque do Hospital
A creación do Parque do Barrio do Hospital proxectouse sobre unha superficie duns 8.500 m2, englobando os traballos que se detallan a continuación.
1.- Movemento de terras.
Adecuouse a superficie do terreo da zona de actuación ó deseño de cotas definido no proxecto construtivo, reacondicionando os volumes dentro do ámbito, co traslado de terras de desmonte ás zonas de reencho, conseguindo unha orografía máis regular e suavizada que a actual.
2.- Muro de contención.
Construiuse un muro de mampostería de pedra de granito no perímetro do Parque, contra a rúa Corredoira e a parcela do Hospital Comarcal, extremos oeste e sur-este, co fin de sustentar o terreo do mesmo, ó atopase en posición elevada respecto dos anteriores. No caso do lateral do Hospital, boa parte do muro asentouse sobre unha superficie en terraza existente a media altura do actual terraplén, coincidente co límite da parcela.
O muro, duns 250 metros de longo, ten unha altura que variará entre os 0,5 metros dos seus extremos e os algo menos de 3 metros do seu punto máis alto, empregando para a súa formación, perpiaños de pedra granítica con acabado aserrado na cara vista, servidos en bloques de peso superior a 750 kg/ud.
Tralo acondicionado do terreo no que descansa a cimentación, con retroexcavadora, formouse a mesma, empregando para iso, pedras similares ás descritas, neste caso sen o aserrado dunha das súas caras, que se formigonaron. Conformado este, colocaronse os bloques de pedra da parte vista do muro, rematando a súa coronación de forma que se igualou coa superficie da senda peonil en formigón que se construíu parella a leste. O trasdós reencheuse con material drenante de grava (tamaño máx. 100 mm), recuberto de geotextil, gramaxe 165 g/m2, e tubo de PE corrugado para drenaxe, diámetro mínimo 110 mm., a colocar na base.
3.- Valla perimetral.
Unha vez acabado o muro de contención, pola súa banda superior, entre este e a mencionada senda peonil, instalouse unha vala metálica, altura 1,5 metros, de postes metálicos e malla galvanizada plastificada, en cor verde, en todo o seu longo que dificulte as caídas de persoas e obxectos cara ó exterior do Parque. A cimentación dos postes realizouse na formación do pavimento en formigón da senda peonil.
4.- Pavimentación asfáltica e sinalización viaria. Novo estacionamento.
Consistiu na mellora das condicións da vía de servizo da estrada LU-644 que transcorre polo extremo norte do Parque e a creación paralela a esta, na marxe oposta á referida estrada, dunha franxa de estacionamento en espiga, para automóbiles e motocicletas.
Para a vía de servizo, redefiniuse o seu rasante de forma que fora regular, sen altibaixos e, no posible, paralela á da plataforma da estrada.
Tras isto, aplicouse a toda a vía unha capa de zahorra natural, espesor 10 cm., con posterior refino e compactado, encima da cal estendeuse unha capa de aglomerado en quente tipo D-12, de 8 cm. de espesor.
En canto ó estacionamento, presenta as mesmas características e procedeuse do mesmo xeito que na vía, efectuando o acondicionamento do terreo nos traballos de movemento de terras previos.
En canto ao acabado do seu firme, leste ten unha lixeira caída cara a vía (3%) para a escorrentía das augas cara a esta, para cuxa recolleita instalouse unha rígola de formigón tipo R40, de dimensións 50x33x10 cm., na unión de ambas. Do outro lado do estacionamento, contra a superficie destinada a Parque, no seu encontro coa senda peonil que se construíu no perímetro de leste, colocouse, a modo de límite, un bordillo de formigón tipo C2, de dimensións 50x35x15 cm.
Nas zonas de tránsito de peóns existentes ós lados do actual paso de cebra, instalouse pavimento especial de baldosas táctiles prefabricadas de formigón (norma UNE-EN 1339:2004), con relevo tipo botón, de cor vermella.
Acabados os traballos anteriores, sinalizáronse correctamente ambos espazos, vía e área de estacionamento, coa correspondente sinalización horizontal e vertical. Así, procedeuse ó pintado da vía, coa marcaxe das liñas laterais, cebreado e símbolos, e das liñas que delimitan as prazas de aparcamento, diferenciando as reservadas para minusválidos, en azul. Colocáronse 6 sinais verticais segundo a relación:
- 1 sinal indicativa de “Calzada de sentido único” e 1 de “Perigo peóns” situada ó comezo da vía de servizo.
- 1 sinal indicativa de “Paso para peóns”, á altura do paso de cebra que cruza a vía de servizo, continuación do proveniente da estrada LU-644.
- 3 sinais indicativas de “Estacionamento”, coa inscrición dos tipos de vehículos ós que se permite estacionar, 1 de automóbiles e 2 de motos, nas respectivas áreas habilitadas para iso.
- 1 sinal de “Stop” no final da vía de servizo, na súa incorporación ó denominado Camiño dos Codesos.
Para rematar, para posibilitar o acceso dos vehículos desde a LU-644 a través da rotonda da que dispón na súa confluencia coa R/ Corredoira, situada ao noroeste da zona de actuación, foi necesario recolocar parte da barra de seguridade (bionda), que separa a estrada da vía de servizo, abrindo un oco no seu tramo inicial, anterior ó actual paso de peóns.
5.- Pavimento en formigón de sendas peonis e isletas para biosaludables.
Construíuse a rede de camiños deseñada para o parque, perimetral e intermedios, consistentes nunha soleira continua de formigón coloreado con mallazo, espesor 15 cm., previo encofrado dos mesmos.
No camiño perimetral do extremo sur-este de o parque, paralelo á parcela do Hospital Comarcal, creáronse anexas a leste, pola súa banda interior, 4 Isletas de idénticas características ás da senda, con forma redondeada radio 2,5 metros, para a instalación nelas de aparellos biosaludables.
6.-Pavimento de seguridade de área de xogos infantís.
Creouse o pavimento da área de xogos infantís a situar na parte oeste do Parque, cunha superficie aproximada 1.500 m2, para o que se procedeu do seguinte modo:
- Construción dunha soleira de formigón de 15 cm. de espesor, que abarca a totalidade da área de xogos, estando delimitada en todas as súas frontes polos camiños da senda peonil. Na súa execución instaláronse os anclaxes dos elementos de xogo que precisan ir embutidos na solera.
- Sobre a anterior, formouse un pavimento continuo absorvedor de impactos, creando in situ, mediante a aplicación de dúas capas.
7.- Zonas verdes.
Consistiu na formación de céspede, plantación de arbolado e axardinado das superficies do Parque, fóra das destinadas a senda peonil e isletas biosaludables e á área de xogos, deixando, pois, 3 grandes áreas delimitadas polos anteriores.
Efectuado o movemento de terras e creada a senda peonil, actuouse sobre os terreos destinados a zonas verdes, e forma que se eliminaron manualmente da superficie do terreo todas as pedras e demais materiais cuxo tamaño excesivo dificultaban os posteriores traballos de sementa e plantación, e instalouse o sistema de rego, o que conlevou a apertura de gabias, a colocación de tuberías de polietileno de 10 atm., arquetas para a conexión e derivación destas, filtros, chaves de paso, equipos de aspersión e de goteo, e a instalación dos equipos de rego automático, ademais da conexión do sistema á rede de abastecemento.
Tralo anterior, estendeuse sobre a totalidade da superficie do terreo a axardinar unha capa de terra vexetal, de espesor 10 cm., á que se lle practicou un laboreo con multicultor e un paso de rodillo superficial arrastrado por tractor para o allanado do terreo.
Preparado o terreo, efectuouse a plantación de árbores e a formación de parterres, nos lugares elixidos para eles, sementando céspede natural no resto da superficie destinada a zonas verdes.
Dotouse de sistema de rego automático ás zonas verdes do Parque: áreas de céspede co seu arbolado e parterres, executándose entre os traballos de preparación do terreo e os de plantación, sementa e formación dos parterres.
8.- Aparatos biosaudables
Dotouse ó Parque de 4 aparellos biosaudables que se instalaron en 4 isletas, un por isleta, sendo os modelos elixidos os seguintes:
- Elíptica.
- Timón-Volantes.
- Surf-Cintura.
A montaxe e instalación dos aparellos biosaludables realizouse segundo normas técnicas do fabricante, índo atornillados á soleira de formigón das isletas.
9.-Área de Xogos infantis
Co fin de delimitar a área de xogos e evitar a saída directa dos nenos cara ás zonas de tránsito de vehículos, instalouse ó longo do seu perímetro unha valla de seguridade, Modelo V15, Galopín atornillada á soleira de formigón anteriormente executada.
De igual forma, procedeuse á montaxe e instalación de diferentes elementos de xogo para a área de xogos infantís, incluído xogos inclusivos e adaptados:
- 4 columpios de 2 asentos.
- 8 asentos para columpio (1 inclusivo con arnés, 1 asento, 3 planos e 3 de seguridade).
- 1 Xogo infantil torre-tobogán, para nenos pequenos.
- Xogo inclusivo múltiple de grandes dimensións.
- 4 Paneis de xogo inclusivo (incluíndo postes para apoio).
- 3 muelles, de 1 praza.
- 1 Saltador (dimensións mínimas 175×175 cm).
- 1 tirolina
10.- Equipamiento e mobiliario
Instaláronse os elementos de mobiliario público que se enumeran a continuación:
- 14 papeleiras, modelo BCN de Benito Urban ou similar.
- 27 bancos, modelo Cantabrico de Benito Urban ou similar.
- 2 fontes, modelo Atlas de Benito Urban ou similar.
- 2 aparcabicicletas, modelo Arvelo de Benito Urban ou similar.
11.-Sistema de abastecemento e de saneamento
Dotouse ó Parque de auga para consumo das persoas e o rego das zonas verdes, así como para necesidades varias do Parque, como son a limpeza das súas distintas partes (camiños, zona de xogos,..) e demais elementos e equipamento de este.
A instalación deste sistema realizouse unha vez concluíu o movemento de terras e previo á formación do pavimento de formigón da senda peonil.
En canto ó sistema de saneamento, habilitouse a recollida e evacuación á rede das augas sobrantes das fontes para o consumo de persoas, que se instalou xunto á área de xogos infantís.
12.-Sistema de alumeado
O Parque dotouse de alumado público, por medio de farolas con luminarias LED para a iluminación xeral do Parque, que se situaron ó longo dos camiños peonís, e proxectores LED para a zona de xogos infantís.
Instalouse para elo unha condución eléctrica consistente nunha canalización enterrada en gabia de 70 cm. de profundidade e 30 cm. de ancho, con dous tubos vermellos, de diámetro 90 mm., e banda de sinalización, que vai desde o Cadro Xeral de Mando e Protección, ata arquetas contiguas ás luminarias. No seu interior, vai un condutor de cobre con illamento 0,6/1 kV para redes enterradas de baixa tensión, de 6 mm2 de sección, designación RV-K 4 x 6 mm2 0,6/1 kV TT 16 mm2, incluíndo condutor de terra, de 16 mm2, de cobre, con illamento 0,6/1 kV.
O Cadro Xeral de Mando e Protección, inclúe: a realización da súa base de colocación, o cadro, con envolvente con grados de protección IK10 e IP55, as correspondentes proteccións e circuítos, acendido con programador astronómico e sistema de aforro enerxético mediante a diminución da potencia en uso nocturno.
Para a iluminación xeral do Parque, instaláronse 25 columnas troncocónicas galvanizadas e de revestimento de cor gris, de 5 metros de altura, con cimentación de formigón de 60x60x100cm, con arqueta contigua, 40x40x60 cm., con tapa de fundición B-125; provistas de luminaria LED para alumeado público, BENITO CITIZEN COMFORT 53 W, dotada de lámpada LED de 53 W de potencia nominal.
Na área de xogos infantís, se complementou o alumado anterior, coa colocación de dúas columnas galvanizadas e revestimento de cor gris, de 9 metros de altura, con cimentación de formigón de 80x80x100cm, con arqueta contigua, 40x40x60 cm., con tapa de fundición B-125; provistas de soporte para dous proxectores LED de 120 W de potencia nominal e 15.000 lúmenes.