Novo parque infantil e Festival de Reis en Pantón

  • Festival de Reis e novo parque infantil para que comecen o ano os cativos de Pantón

 

O concello de Pantón comeza este 2022 facendo protagonistas aos máis cativos. Por unha banda o día 5 péchanse as actividades deste Nadal coa celebración do Festival de Reis. Cítase aos nenos e nenas a acudir a partir das 17.00 á Praza do Concello onde contarán cos xogos populares e obradoiro de globoflexia.

Ás 18:30 está prevista a chegada dos Reis Magos de Oriente, que recibirán a cada neno individualmente e mantendo as distancias para garantir o cumprimento das medidas anticovid en todas as actividades.

E para que os máis cativos de Pantón disfruten do seu tempo de lecer nestas festas, o concello acaba de inaugurar o novo parque infantil no Castro de Ferreira. O parque contou cun investimento de 120.000 euros dos que a metade foron a través do GDR Ribeira Sacra-Courel e a outra metade aportación do concello. As novas instalacións contan cun peche de pedra e diferentes xogos como columpios ou tirolina. Este novo parque infantil súmase aos que concello xa ten en Goián, Gallegos, Toiriz, Tribás, Fontao, A Torre ou Pombeiro co obxectivo de que poidan acceder a este tipo de servizo o maior número posible de nenos.

También te podría gustar...