Novo espectáculo do “Bruxo Queimán”: As lendas e a Ribeira Sacra, protagonistas

  •  A Deputación de Ourense colabora con este evento cultural que contribúe a pór en valor as tradicións, a gastronomía e a paisaxe deste territorio, e que se representará por primeira vez sobre un catamarán no río Sil

Presentación do Festival Cabe no Sil (Ribeira Sacra) coa actuación do Bruxo Queman no Canon so Sil no Concello de Nogueira de Ramuín. Asisiten Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), Gabriel Alén Castro (Delegado da Xunta de Galicia en Ourense), Cesar Parente Pérez (Alcalde de Nogueira de Ramuín), José Miguel Perez Blecua (Alcalde de San Xoan de Rio), Antonio Fernánddz Andrade (Xerente da emrpesa de Catamaráns), Ines Silva (Actriz e Bailarina), Enrique Alfonso Domínguez Roddríguez «Bruxo Queiman» e outros alcaldes da Ribeira Sacra.

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe no acto de presentación do novo espectáculo do “Bruxo Queimán” e das “Bruxas-Peregrinas”, celebrado nun catamarán no embarcadoiro de Santo Estevo, en Nogueira de Ramuín, “unha posta en escena na que son protagonistas a Ribeira Sacra e as lendas, co obxectivo de contribuír á pór en valor as tradicións, a gastronomía, a viticultura e a paisaxe deste singular territorio”, expresou o presidente Baltar.

A Deputación de Ourense colabora con este espectáculo onde se mestura o ritual da queimada coa exaltación da terra e do mar, do Camiño de Santiago, do folclore galego e neste caso enfocado á exaltación da Ribeira Sacra, á súa viticultura, gastronomía e paisaxes, e tamén aos afiadores e ao seu idioma, “O Barallete”. “Un espectáculo cheo de paixón, sentimento, forza escénica, música Folk-celta, danzas, pirotecnia fría e moito lume”, como o define Queimán, quen defende “a transmisión da Historia a través das lendas da nosa cultura atlántica, homenaxeando aos netos de Breogán que deron orixe á primeira civilización de Europa; un espectáculo que promove o Camiño de Santiago no seu paso polo interior da provincia de Ourense e fai unha fusión entre declamación, música e danza”, afirma.

 

Queiman e a súa compañía estrean esta posta en escena nun formato inédito: o pantalán de Santo Estevo, actuando desde un catamarán, mentres o público asiste ao espectáculo sentado na terraza do embarcadoiro, o que supón unha novidade xa que é a primeira vez que se fai un espectáculo destas características na Ribeira Sacra.

O actor galego Queimán conta con máis de 20 anos de experiencia, como transmisor e defensor dunha cultura milenaria, a Atlántica. O espectáculo “Cabe no Sil” e estrearase o venres 25 de xuño, ás 22.30 horas, no embarcadoiro de Santo Estevo. O prezo das entradas é de 10 euros. O sábado 26 de xuño, ás 22:00 horas, o espectáculo representarase na praza da Igualdade, en San Xoán de Río. Está organizado pola asociación Cabe no Sil, e conta ademais coa colaboración da Xunta de Galicia, da asociación de empresarios Nogueira de Ramuín, Viajes Hemisferios, Seturs, e os concellos de Nogueira de Ramuín e San Xoán de Río.

 

También te podría gustar...