Novo coche patrulla en Monforte

  • O Alcalde presenta o novo coche patrulla que mellorará os servizos da Policía Local de Monforte
  • José Tomé Roca presentou o novo vehículo adquirido polo Concello, mediante renting, para a policía municipal por un importe de 45.941,28 € IVE engadido. Na súa adquisición, o Concello aportou o 20% do custe, mentres que o 80% restante corresponde a unha axuda do Fondo de Cooperación Ambiental
  • “Trátase dun vehículo eléctrico-híbrido que adquirimos seguindo as directivas europeas que avalan os criterios de compra pública verde ou con criterios ambientalmente sostibles, porque o noso obxectivo é implantar medidas que conduzan a reducir os niveis de contaminación, dentro dos parámetros marcados pola denominada Transición Enerxética. Por iso, eliximos un vehículo adaptado ás necesidades da nosa plantilla da Policía Municipal e que sexa respectuoso co medio ambiente”, subliñou o rexedor municipal
  • O automóbil novo adquirido polo Concello é un vehículo Patrulla Tipo SUV, modelo Hyundai Tucson, de 5 portas e 5 prazas, con carrocería acristalada de cor branca, rotulado e equipado segundo a normativa oficial e seguindo as directrices da unidade policial do Concello

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presentou o novo vehículo destinado á Policía Municipal destinado a solventar as necesidades das patrullas de dito corpo de policía, no seu traballo diario de servizo ós cidadáns de Monforte.

O rexedor monfortino destacou que “trátase dun vehículo eléctrico-híbrido que adquirimos seguindo as directivas europeas que avalan os criterios de compra pública verde ou con criterios ambientalmente sostibles, porque o noso obxectivo é implantar medidas que conduzan a reducir os niveis de contaminación, dentro dos parámetros marcados pola denominada Transición Enerxética. Por iso, eliximos un vehículo adaptado ás necesidades da nosa plantilla da Policía Municipal e que á vez sexa respectuoso co medio ambiente”.

O automóbil novo adquirido polo Concello é un vehículo Patrulla P-1, modelo Hyundai Tucson tipo SUV, eléctrico híbrido de gasolina, de 5 portas e 5 prazas, con carrocería acristalada de cor branca, rotulado co logotipo do Concello e demais indicativos oficiais, e equipado segundo a normativa oficial e seguindo as directrices da unidade policial monfortina.

Na presentación do novo automóbil policial, o Alcalde estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e o Inspector do corpo de Policía Local, Miguel Martínez.

“Este novo vehículo co que vimos de dotar o servizo que a Policía Local presta á cidadanía de Monforte, engádese ó parque móbil municipal, actualmente formado por dos vehículos tipo utilitario, un todoterreo, un furgón de atestados e unha moticicleta”, detallou o Alcalde.

O novo vehículo foi adquirido polo Concello, mediante renting a 4 anos, por un importe de 45.941,28 € IVE engadido. Na súa adquisición, o Concello aportou o 20% do custe, mentres que o 80% restante corresponde a unha axuda do Fondo de Cooperación Ambiental.

También te podría gustar...