Novo camión grúa para mellorar os servizos ós monfortinos
- O Concello de Monforte o adquirirá
- O Alcalde, José Tomé Roca, anunciou onte a apertura do proceso de licitación para a compra deste novo vehículo, polo que as empresas interesadas en presentar ofertas terán de prazo dende hoxe 18 de marzo ata o xoves 1 de abril
- O importe máximo de licitación é de 30.000 euros e o prazo de entrega será de 30 días a contar dende a data de formalización do contrato.
- Trátase dun camión con plataforma elevadora de persoal destinado a efectuar os traballos en altura relativos ás labores de mantemento e conservación nas instalacións de alumeado público exterior (reposición de lámpadas, equipos auxiliares, farois, etc) de forma segura e en condicións ergonómicas
Licitación
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, comunicou a apertura onte do proceso de licitación para a adquisición dun novo camión grúa destinado a facilitar os traballos en altura das brigadas municipais de servizos, relativos ás labores de mantemento e conservación nas instalacións de alumeado público exterior.
O prezo de licitación para a compra deste novo vehículo municipal de servizos estableceuse en 30.000 euros e o prazo para a presentación de ofertas de licitación por procedemento aberto abriuse onte, polo que as empresas interesadas en presentar ofertas terán de prazo dende hoxe 18 de marzo ata o xoves 1 de abril. A mesa de contratación está previsto que se celebre mércores 7 de abril ás 10:30 horas. O prazo de entrega será de 30 días a contar dende a data de formalización do contrato.
“Con este novo vehículo”, destacou o Alcalde,
facilitaremos ó noso persoal de servizos a realización dos traballos en altura relativos ás labores de mantemento e conservación nas instalacións de alumeado público exterior, como pode ser a reposición de lámpadas, de equipos auxiliares, farois, etc. E o vehículo estará equipado cos elementos necesarios para que se poidan desenvolver ditos traballos de forma segura e en condicións ergonómicas axeitadas.
Especificacións técnicas mínimas do vehículo con plataforma elevadora móbil de persoal
O vehículo con plataforma elevadora móbil para persoas será do grupo B, do tipo 3. Estará homologado e será apto para ser conducido por persoas con carné do tipo B, disporá de declaración CE de conformidade (tanto o vehículo, a plataforma elevadora de persoas como o conxunto camión-plataforma elevadora de persoas) e ademais satisfará as condicións de seguridade en relación ao RD 1644/2008 polo que se establecen as normas de comercialización e posta en servizo das máquinas., ao RD 1215/1997 polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo e ás Notas Técnicas de Prevención 1039 e 1040 editadas polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT), debéndose aportar cantos documentos sexan necesarios para comprobar o cumprimento desta normativa.
O Conxunto, vehículo-PEMP, disporá da máxima maniobrabilidade e fiabilidade posible, cun reducido consumo de combustible e mínimas emisión. Deberá tratarse, tanto o vehículo como a plataforma, de modelos que se encontren actualmente no mercado e que a súa comercialización estea prevista polo menos durante 24 meses desde a presentación da oferta.
Características técnicas do camión
Tratarase dun chasis-cabina de 3 prazas (incluído condutor), de MMA ata 3500 kg e acabado en color branco, rotulado conforme defina o Concello de Monforte.
O seus requisitos técnicos mínimos serán:
- Chasis ríxido
- Motor diésel de aproximadamente 120 CV de potencia
- Caixa de cambios manual
- Aire acondicionado
- Elevalunas eléctrico
- Freos de disco dianteiros e traseiros
- KILOMETRAXE MÁXIMA: 115.000
Características técnicas da plataforma elevadora de persoas
Os requisitos técnicos mínimos serán:
- Altura máxima de traballo 2 operarios ( m) 15
- Capacidade Cesta : 2 operarios
- Xiro de cesta: 50º
- Mandos de accionamento: duplicados
Extras do conxunto
- Contador de horas de funcionamento.
- Toma de corrente na cesta
- Armario lateral para material e ferramentas.
- Caixa de ferramentas para axustar na cesta.
- Porta escaleiras
- Calzos para as rodas.
- Luces de sinalización rotativas
- Sinal sonora marcha atrás
- Rotulación segundo indicación do Concello de Monforte
Criterios de adxudicación
- Valoración económica: 90 puntos
- Prazo de entrega: 5 puntos
- Prazo de garantía: 5 puntos