Nova praza na Parroquia de Armental na Peroxa

OS VECIÑOS DA PARROQUIA DE ARMENTAL, NA PEROXA, DISPOÑEN DUNHA PRAZA GRAZAS A UNHA SUBVENCIÓN DA VICEPRESIDENCIA.

  • A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou as obras levadas a cabo grazas á Orde de infraestruturas de uso público
  • Estas subvencións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, permiten realizar actuacións benefician directamente aos veciños e demostran as vantaxes da colaboración entre administracións

231015 Praza Infraest. A Peroxa

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde de A Peroxa, Manuel Seoane, visitaron as obras levadas a cabo neste concello ourensán  ao abeiro das axudas da Orde de infraestruturas de uso público da Vicepresidencia da Xunta.

Concretamente, trátase da construción dunha praza en Armental, na contorna da igrexa parroquial de San Salvador de Armental. O obxectivo desta intervención foi dotar a este recinto relixioso dunha mellor accesibilidade e uso dos cidadáns, así como eliminar a entrada de augas pluviais ao cemiterio e á igrexa.

Segundo palabras da delegada territorial, grazas á orde de infraestruturas, dende a Xunta estase a apoiar aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos. Estas axudas permiten levar a cabo actuacións que benefician directamente aos cidadáns, e que contribúen decisivamente á mellora da súa calidade de vida, e demostran as vantaxes da colaboración entre administracións. Neste caso concreto a Xunta e o Concello aunaron esforzos para facer fronte aos 40.000 euros que custou a intervención. O departamento autonómico achegou 26.500 euros.

Orde de infraestruturas

A Orde de Infraestruturas de uso público é unha ferramenta que o Goberno galego pon á disposición dos concellos para financiar infraestruturas que beneficien directamente aos seus veciños e veciñas.

A contía para este ano ampliouse ata os preto de oito millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), o que representa a aposta da Xunta polo rural galego, apoiando ás entidades locais no financiamento de proxectos esenciais para incentivar o asentamento de poboación no rural.

También te podría gustar...