Nova centenaria en Sober: Emilia Rodríguez López

  • Sober suma unha nova centenaria

 

A veciña de Sober, Emilia Rodríguez López, natural de Froxán (Proendos), cumpre hoxe 100 anos.

 

Emilia celebrou o seu centenario nun restaurante de Sober acompañada do seu único fillo José Ramón e dos seus familiares e amigos.

 

Tamén recibiu a visita do alcalde, Luis Fernández Guitián, quen a felicitou en nome de todo o Concello de Sober e lle fixo entrega dun ramo de flores.

 

Sober conta a día de hoxe con dez persoas centenarias, 8 mulleres e 2 homes.

 

También te podría gustar...