Nanas, un sendeiro estelar e unha Chuvia de Xemínidas
- Ruta Inaugural do único Sendeiro Estelar Nocturno de Galicia
- Primeira actuación incluídanoprograma anual de concertos nocturnos“Nanas para Trevinca”
- Posta en funcionamento dos dez telescopios adquiridos polo Concello da Veiga
O pasado 12 de decembro un total de 50 afeccionados chegados de distintos puntos de Galicia, participaron na I Chuvia das Xemínidas, en Trevinca, único Destino Starlight de Galicia. O grupo composto por afeccionados ao mundo da astronomía, hosteleiros da zoa, familias e público en xeral, desfrutou dunha xornada única.
Comezaron ás 10:00h da mañá cunha charla sobre Mecánica Celeste e o uso de software planetario, a cargo de Óscar Blanco.
A segunda parte da mañá estivo adicada ao manexo de planisferios celestes adquiridos polo Concello da Veiga e que estarán a disposición dos turistas.
Xa no obradoiro da tarde guiado por Pablo Canedo, montaxe e manexo de telescopios. Os dez telescopios adquiridos polo Concello estarán a disposición dos monitores turísticos Starlight.
Despois dunha cea de confraternidade, ás 22:00h comezaron a ruta inaugural do Sendeiro Estelar O Rañadoiro. Xa alí observaron os meteoros, constelacións, a nosa vía láctea…acompañados do concerto “Nanas para Trevinca” a cargo do Grupo de saxofón (este foi o primeiro concerto de saxofón ao que seguirán futuras actuacións, dentro do programa de concertos nocturnos).
O chocoanoitecer xa a medianoite, baixo o paraugas dos meteoros, foi o remate dunha xornada de experiencias únicas no Destino Turístico Starlight Trevinca.
Galería Xornada: