‘Mozart á galega’ no Incio
- O Concello do Incio programa o concerto ‘Mozart á galega’ interpretado por Atlantic Mozart Flute Quartets na Igrexa de San Pedro Fiz
- O recital será o sábado 5 de xuño ás 20:00 horas
O Concello do Incio programa un concerto de Atlantic Mozart Flute Quartets na Igrexa de San Pedro Fiz en Hospital do Incio para o vindeiro sábado día 5 de xuño ás 20:00 horas.
A actuación baixo o título ‘Mozart á galega’ consistirá nun recital da integral dos cuartetos para frauta e trío de cordas de W.A. Mozart con temas tradicionais galegos.
Este recital será previo a gravación na mesma igrexa dun disco que será publicado por Edicións Xerais de Galicia dentro dun libro escrito por Fina Casalderrey sobre unha evocadora visita de Mozart a Galicia. «O xenio da cidade de sal».
O concerto, que terá unha hora de duración, será de entrada libre ata completar o aforo, que se axustará á normativa sanitaria en vigor nese momento.
A Integral dos Cuartetos para Frauta e trío de cordas está formada por:
- Luis Soto: Frauta Travesa.
- David García: Violín
- Ioana Ciobotaru: Viola
- Millán Abeledo: Violoncello
O recital será interpretado cunha frauta de madeira de finais do século XIX.
Para máis información: www.mozartagalega.gal