‘Morte accidental dun anarquista’ en Monforte
- O Concello de Monforte continua co ciclo de teatro correspondente ó segundo semestre deste ano 2022, cunha nova peza teatral mañá xoves 10 de novembro no Edificio Multiusos a partir das 20.15 horas
- É unha obra dirixida a público adulto, cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados
O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada polo Concello de Monforte no segundo semestre do ano 2022, con unha nova peza teatral.
Deste xeito, dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, este xoves 10 de novembro ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da obra para adultos Morte accidental dun anarquista, da compañía Talía Teatro, obra escrita por Darío Fo, dirixida por Cándido Pazó e cun elenco artístico de Toño Casais, Diego Rey, Marta Ríos, Dani Trillo, Artur Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto.
É unha obra dirixida a público adulto, cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.
Sinopse
Seguramente esta afirmación non sería moito do seu agrado, pero a día de hoxe podemos considerar que Darío Fo é xa un clásico teatral dos últimos tempos. Os clásicos é o que teñen, que as súas portas están sempre abertas a novas visitas: dos creadores e do público.
Porque, por desgraza, cincuenta anos despois de ser escrito, este sainete político, esta disparatada pero reflexiva comedia, segue aportando sons que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, reverberan aínda nos muros da actualidade..
A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será 1888. A señorita Xulia da compañía Estudo Momento que terá lugar o xoves 24 de novembro no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.