Monforte: seis novos colectores para a recollida de roupa usada
- O Concello amplía a 18 o número de colectores para a recollida de roupa usada en Monforte
- Monforte contará así con 6 colectores máis que se ubicaron esta semana en zonas estratéxicas da cidade para que os veciños poidan depositar a roupa ou o calzado que xa non utilicen
- O Equipo de Goberno do Concello, vista a necesidade de contar con máis puntos de recollida, decidiu ampliar o número de colectores de 12, que eran os que se determinaron co establecemento do novo contrato de xestión en 2020, a 18 unidades neste ano 2022
- A empresa Texlimca S.A. é a encargada da xestión dos colectores de roupa usada da cidade
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que o Concello ven de instalar, durante esta semana, 6 novos colectores para a recollida de roupa usada na cidade.
Estes novos colectores engádense ós 12 xa instalados en 2020, cando o Concello autorizou dita instalación e xestión á empresa Texlimca S.A. Son colectores destinados á recollida de roupa usada, calzado e restos de produtos téxtiles, definidos na Lista Europea de Residuos (Orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro).
Deste xeito, ó longo desta semana instalouse un colector para roupa usada en cada unha destas ubicacións:
- Rúa San Lázaro.
- Rúa Escultor Francisco Moure.
- Rúa Chantada.
- Rúa Corredoira.
- Rúa San Pedro.
- Rúa Ourense
Estes 6 novos colectores téxtiles engádense ós 12 xa colocados en diferentes puntos estratéxicos da cidade, que son:
- Campo San Antonio.
- Rúa Chantada.
- Avenida de Galicia.
- Rúa Estrella.
- Paseo do Malecón.
- Praza da Estación.
- Paseo de Lugo.
- Estacionamento do Parque dos Condes.
- Rúa Ourense.
- Rúa Morín.
- Rúa Corredoira.
- A Florida.
O Equipo de Goberno do Concello, vista a necesidade de contar con máis puntos de recollida, decidiu ampliar o número de colectores de 12, que eran os que se determinaron co establecemento do novo contrato de xestión en 2020, a 18 unidades neste ano 2022.
Características dos colectores para a recollida de roupa usada
Os colectores instalados son metálicos e están deseñados especificamente para a recollida téxtil, cun volume útil aproxomado de 2,7 m3. Son ademais colectores adaptados coa boca de entrada na parte posterior para facilitar o depósito da roupa ó cidadán, que poderá acceder ó colector dende a mesma beirarrúa para non ter que bordear o colector pola calzada.
En concreto, son colectores en ferro galvanizado inoxidable dunha sola lama e estrutura ignífuga, con medidas anti-valdálicas. A pintura exterior e os adhesivos de personalización, que incluirán o escudo do Concello de Monforte, están protexidos con barniz antigrafitti.
O mantemento dos colectores, así como da zona de uso público adxacente o colector, son responsabilidade da empresa adxudicataria.