Monforte: renovación de todo o material de xogo da Gardería Municipal
- José Tomé Roca, nunha visita efectuada á Gardería Municipal, comunicou que o Equipo de Goberno ven de renovar todos os elementos de xogo da mesma, para os nenos e nenas de 0 a 3 anos
- O Alcalde subliña que “co inicio do novo curso académico procedemos a renovar todos os xogos da Gardería Municipal, adaptándonos así á nova normativa establecida para este tipo de xoguetes e elementos de ocio e educación, e dando solución ás necesidades actuais desta gardería”
- “Trátase de materiais de primeira categoría e da mellor calidade, porque queremos que os nenos e nenas usuarios desta Gardería municipal conten cos mellores xoguetes para disfrutar no seu día a día, á vez que estimulan a coordinación, a psicomotricidade, a vista ou o tacto” indica José Tomé
- Para esta adquisición, o Concello destinou unha partida de 5.000 euros
- O rexedor monfortino recordou que “o Concello corre cos gastos para facer gratuíta a Gardería Municipal”
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, comunicou que o Equipo de Goberno ven de renovar todo o material de xogo da Gardería Municipal, no transcurso dunha visita que realizou ás instalacións da mesma.
O Alcalde subliña que “co inicio do novo curso académico procedemos a renovar todos os xogos da Gardería Municipal, adaptándonos así á nova normativa establecida para este tipo de xoguetes e elementos de ocio e educación, e dando solución ás necesidades actuais desta gardería”.
O Concello levou a cabo unha renovación integral dos xogos que se destinan a nenos e nenas de 0 a 3 anos. “Trátase de materiais de primeira categoría e da mellor calidade, porque queremos que os nenos e nenas usuarios desta Gardería Municipal conten cos mellores xoguetes para disfrutar no seu día a día, á vez que estimulan a coordinación, a psicomotricidade, a vista ou o tacto”, indica José Tomé.
Para esta adquisición, o Concello destinou unha partida de 5.000 euros.
O rexedor monfortino recordou que “o Concello corre cos gastos para facer gratuíta a Gardería Municipal”.
Renovación integral dos elementos de xogo da Gardería Municipal
A renovación acometida polo Concello dos materiais de xogo e educativos da Gardería Municipal comprende todo tipo de elementos, que cumpren con toda a normativa actual establecida.
Para a aula de 0 a 1 anos, o Concello adquiriu unha tumbona hamaca destinada ós primeiros meses de idade, e 4 pelotas flexibles, para favorecer o desenvolvemento sensorial e tactil dos bebés.
Para a aula de 1 a 2 anos, mercáronse:
- Set de 8 pelotas sensoriais para máis de 6 meses de idade.
- Panel de xogo “osiño”, con ampla fama de actividades manipulativas.
- Panel de xogo “cocrodilo”, deseñado para estimular a coordinación ollo-man e as habilidade motoras, a partir de 12 meses.
- Panel de xogo “elefante”, deseñado para estimular a coordinación ollo-man e as habilidade motoras, a partir de 12 meses
- Surtido de 15 vehículos temáticos.
- Lote de 30 vehículos de rodas, flexibles e brandos.
Para a aula de 2 a 3 anos, mercáronse:
- 24 Contas xigantes de plástico para ensartar, a partir de 24 meses.
- Lote de 74 Kim buni, de plástico, a partir de 24 meses.
Para o patio interior, adquiríronse:
- 6 pelotas lisas de pel grosa de 22 cm de diámetro, e plástico flexible.
- 1 Kit “meus primeiros correpasillos” de 12 a 18 meses.
- 7 super triciclo, a partir de 24 meses.
- 4 coches de carreiras correpasillos, a partir de 12 meses.
- 1 kit Gimbabis “pasarela”.
- 1 kit Gimbabis “punto de encontro”.
- 1 Dominó xigante de cores, a partir de 24 meses.
- 1 trío cocinita, fregadeiro e neveira, a partir de 24 meses.
- 1 máquina de facer pompas e 6 litros de xabrón.
- 1 cesta con 27 froitas de plástico, a partir de 24 meses.
- 1 lote de 16 alimentos de plástico, a partir de 24 meses.
- 1 lote de 12 ovos de plástico, a partir de 3 anos.
- Ensertables sobre temáticas diversas: granxa, safari, vehículos, piratas.
- 6 Bonecos de corpo duro sen cabelo, varias razas, a partir de 12 meses.
- 10 cadeiras de paseo para bonecos, a partir de 3 anos.
- Set de 7 pezas de cadros sensoriais, a partir de 10 meses.
- 6 packs de 3 unidades de botellas sensoriais, para a estimulación da calma, observación, atención, etc. , a partir de 3 meses.
- 2 Cocinita set grande, a partir de 18 meses.
- 2 xogos de construción de 140 pezas, a partir de 12 meses.
- 2 Construladrillos xigantes de 96 pezas, a partir de 18 meses.
- 2 caixas de clasificación, a partir de 18 meses.
- 2 bonecos e 2 bonecas de recén nacido “asiático/a”, a partir de 12 meses.