Monforte: programación teatral para o segundo semestre

  • Serán 6 obras de teatro que se celebrarán no Edificio Multiusos e na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, 5 dirixidas a público adulto e 1 dirixida a público infantil e familiar
  • O Alcalde, José Tomé Roca, “tras o éxito do programa das Festas Patronais e do Verán Cultural, anima ós monfortinos e monfortinas a que acudan a disfrutar desta programación de teatro do Concello de Monforte para o segundo semestre deste ano, que da continuidade ó noso calendario cultural de actividades”
  • A primeira das obras será o vindeiro xoves 29 de setembro ás 8 da tarde na Casa da Cultura, con Formigas no peto, da compañía Ítaca Teatro

 

O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada pola concellería de Cultura de Monforte para o ano 2022, tras rematar o programa do Verán Cultural.

Deste xeito, no segundo semestre deste ano, teremos a oportunidade de asistir a seis representacións de compañías profesionais dirixidas tanto a público adulto como infantil e familiar, e representaranse entre os meses de setembro e decembro.

Así, a participación do Concello na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios permitirá que se acheguen a Monforte as seguintes compañías e obras:

Programación para público Adulto:

  • Formigas no peto, da compañía Ítaca Teatro, o xoves 29 de setembro, ás 20 horas, dentro do circuíto Teatro Profesional, da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Será na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, con entrada gratuíta e para público adulto.
  • El caballero incierto de Producciones Come y calla, o xoves 6 de outubro, 20:15 horas, Edificio Multiusos.
  • Morgana en Esmelle da compañía Sarabela Teatro, o xoves 27 de outubro, 20:15 horas, Edificio Multiusos.
  • Morte accidental dun anarquista da compañía Talía Teatro, o xoves 10 de novembro, 20:15 horas, Edificio Multiusos.
  • A señorita Xulia da compañía Estudo Momento, o xoves 24 de novembro, 20:15 horas, Edificio Multiusos.

O prezo das catro obras do Edificio Multiusos será de cinco euros a entrada xeral e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Programación para público Infantil e familiar:

  • Alquimia, do Mago Teto, o domingo 4 de decembro, ás 18:00 h. no Edificio Multiusos, para público infantil e familiar, e con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.

 

O Alcalde, José Tomé Roca,

tras o éxito do programa das Festas Patronais e do Verán Cultural, animo ós monfortinos e monfortinas a que acudan a disfrutar desta programación de teatro do Concello de Monforte para o segundo semestre deste ano, que da continuidade ó noso calendario cultural de actividades.

 

También te podría gustar...