Monforte: programación do Nadal
- A programación do Nadal 2021-2022 do Concello de Monforte inclúe teatro, música e actividades para toda a familia
O Concello de Monforte da a coñecer a programación para este Nadal, que segue a estar condicionada pola incidencia da pandemia do Coronavirus e que impide a celebración de moitas das actividades que tradicionalmente se levaban a cabo por estas datas.
Neste senso, o Alcalde, José Tomé Roca, sinala que
a incidencia da sexta ola da Covid-19 segue a condicionar o normal desenvolvemento de actividades, e obrigounos a cancelar un sinfin de actividades ó longo de todo este ano, e neste senso, a programación de Nadal que ano a ano deseñaba o Concello, tamén se veu afectada.
“De entre as actividades que ideabamos para o período navideño”, continuou o Alcalde, “atopábanse o Mercado de Nadal, os contacontos, os obradoiros para nenos e adultos, o scalextric, etc, actividades de ocio e promoción que, debido ás restricións e recomendacións das autoridades sanitarias por mor do Covid-19, este ano non se poden celebrar”.
Programación do Nadal 2021-2022
Os máis pequenos da casa poderán volver a participar un ano máis no xa tradicional certame de poesía infantil “Nadal 2021”, da Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro, que está aberto ata o 23 de decembro.
Este ano, terá lugar a montaxe na sala de exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro dun Belén a cargo de J. Antonio Davila, que permanecerá exposto dende o 22 de decembro de 2021 ó 10 de xaneiro de 2022 e que será inaugurado o mércores 22 de decembro.
Da mesma maneira, como xa é tradición, a Asociación Albores é a encargada da decoración navideña do vestíbulo da Casa do Concello.
Ademais, hai outras citas que marcan a axenda deste Nadal en Monforte:
-Concurso de Beléns para os centros educativos de Monforte: convocado a finais de novembro, a súa resolución terá lugar o 15 de decembro. O 1º premio estará dotado con 100 euros, o 2º premio con 80 euros, o 3º premio con 50 euros e o accésit con 30 euros.
-Concerto da Sociedad Filarmónica de Monforte. O martes 21 de decembro, ás 20:30 horas, na en el Multiusos.
-Concerto Nadal 2021 da Coral Polifónica de Monforte de Nadal. Mércores, 22 de decembro, ás 20:15 horas, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
-O Apalpador visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados-Praza de Abastos durante a mañá do xoves, 24 de decembro.
–Dentro do Ciclo de Teatro Profesional o grupo Teatro Marionetas Trécola representará o 28 de decembro ás 18:00 no Edificio Multiusos a obra A Saga de Flin Havardr. Esta representación dirixida a un público infantil e familiar tamén será de entrada gratuíta
Cabalgata de Reis
Un dos días máis agardados será o mércores 5 de xaneiro. Os Reis Magos de Oriente chegarán á estación de ferrocarril de Monforte sobre as 17:00 horas.
O desfile de Carrozas Reais e da súa comitiva comezará ás 18:00 horas dende a Praza da Estación ata chegar ó Concello, á praza Campo de San Antonio.
Un pouco máis tarde, As Súas Maxestades lerán o seu discurso dende o balcón da Casa Consistorial.