Monforte: prazo de inscrición nas Escolas de Música e Danza
- O Concello abre este luns 19 do prazo de inscrición para o curso 2022-23 nas Escolas Municipais de Música e de Danza
O Concello de Monforte anuncia que a partir do vindeiro luns 19 de setembro abrirá o prazo de inscrición tanto na Escola Municipal de Música como na Escola Municipal de Danza de dito Concello para o curso 2022/23.
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas, ou en horario de tarde entre as 16:00 e as 18:00 horas. Tamén é posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello, no seguinte enlace:
Especialidades musicais ofertadas:
As especialidades que se ofertan en música a partir dos 6 anos (agás música e movemento):
- Música e Movemento (nenos entre 4 e 5 anos)
- Percusión (batería, percusión)
- Percusión galega (pandeireta, tamboril, bombo, pandeiro)
- Teclado
- Acordeón
- Violín
- Guitarra española, Guitarra eléctrica
- Gaita, Clarinete, Frauta traveseira
- Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba
En música, completarase a ensinanza instrumental con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos colectivos que se organicen na Escola.
ESCOLA MUNICIPAL DE DANZA
Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas, ou ben en horario de tarde entre as 16:00 e as 18:00 horas. Tamén é posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello, no seguinte enlace:
Especialidades ofertadas en danza:
- Danza tradicional galega (a partir de 5 anos)
- Danza contemporánea / moderna (a partir de 9 anos)
- Ballet clásico (a partir de 5 anos)
As clases de danza ofertadas contarán cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión…, atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe.
Do mesmo xeito, levarase a cabo unha orientación, si é o caso, cara un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno/a así o aconsellen.
Formaranse así grupos colectivos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza.
Dende o Concello de Monforte inténtase desta forma consolidar, con todas estas especialidades, unha oferta ampla e variada para a escola, tanto en música como en danza.