Monforte: formación e sensibilización en corresponsabilidade
- O Concello organiza unhas xornadas en formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados dirixida ás familias
- Con esta formación, dende a Concellería da Muller e Igualdade, a través do CIM, preténdese iniciar o camiño para sensibilizar ás familias sobre a necesidade de fomentar a corresponsabilidade nas tarefas de crianza e nos usos do tempo dos coidados
- Desenvolveranse dúas sesións grupais de formación, unha cos pais (homes) e a seguinte cos dous proxenitores, que están dirixidas ás familias con fillos ou fillas entre 0 e 6 anos. Realizaranse en cada un dos centros de ensino de educación primaria, así como na Escola Infantil Municipal, comezando o próximo venres 28 de outubro, no centro educativo PP. Escolapios de 15.30 a 17.30 horas e posteriormente na Escola Infantil Municipal de 18.00 a 20.00 horas
- Nestas xornadas traballarase para remover os estereotipos dentro das parellas e conseguir unha repartición equilibrada das tarefas domésticas e mellorar así a conciliación da vida familiar, laboral e persoal, libre de condicionamentos de xénero, xa que son as mulleres as que, de forma maioritaria, asumen no noso país a carga de coidados familiares e domésticos
- As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no seu propio colexio de Primaria ou a través do CIM, no 982 416 350
O Concello de Monforte porá en marcha, a semana que ven, unhas “Xornadas en formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados Familia e crianza: superando estereotipos” dirixida ás familias monfortinas con fillos ou fillas entre 0 e 6 anos.
Con esta formación, dende a Concellería da Muller e Igualdade, a través do CIM preténdese iniciar o camiño para sensibilizar ás familias sobre a necesidade de fomentar a corresponsabilidade nas tarefas de crianza e nos usos do tempo dos coidados.
Así mesmo, nestas xornadas traballarase para remover os estereotipos dentro das parellas e conseguir unha repartición equilibrada das tarefas domésticas e mellorar así a conciliación da vida familiar, laboral e persoal, libre de condicionamentos de xénero, xa que son as mulleres as que, de forma maioritaria, asumen no noso país a carga de coidados familiares e domésticos.
Desenvolveranse dúas sesións grupais de formación, unha cos pais (homes) e a seguinte cos dous proxenitores. Estas sesións irán dirixidas ás familias con fillos ou fillas entre 0 e 6 anos.
As sesións realizaranse en cada un dos centros de ensino de educación primaria, así como na Escola Infantil Municipal, comezando o próximo venres 28 de outubro, no centro educativo PP. Escolapios de 15.30 a 17.30 horas e posteriormente na Escola Infantil Municipal de 18.00 a 20.00 horas.
Cada sesión formativa consistirá nunha exposición dos contidos invitando as persoas participantes a dar as súas opinións e experiencias persoais para exemplificar as distintas situacións. Haberá unha enquisa previa en formato dixital para compartir coas familias antes das sesións formativas.
Contidos das xornadas
- Desenvolvemento psíquico e emocional infantil
- Tipos de apego
- O papel necesario do pai no primeiro ano de vida do bebé.
- O papel da nai no primeiro ano de vida do bebé. Necesidades emocionais do puerperio.
- Estereotipos e roles de xénero: datos sobre o tempo invertido nas tarefas domésticas e os coidados (coidados básicos de hixiene, alimentación, vestimenta, responsabilidade do colexio, tarefas extraescolares, os grupos de WhatsApp,…)
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no seu propio colexio de Primaria ou a través do CIM no 982 416350.
A actividade está organizada polo Concello de Monforte e financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade, en desenvolvemento do Plan Corresponsables.