Monforte e a Ribeira Sacra, referentes patrimoniais

  • O Alcalde pon en valor a riqueza patrimonial de Monforte e da Ribeira Sacra na xornada arredor do Día do Patrimonio
  • José Tomé Roca, foi o encargado de inaugurar na tarde de onte esta xuntanza que acolle o Colexio de Nosa Señora da Antiga, e que terá continuidade hoxe sábado, organizada polo Consello da Cultura Galega co apoio do Concello de Monforte
  • A xornada organizada polo Consello da Cultura Galega co apoio do Concello de Monforte, precisamente xira arredor de diferentes aspectos técnicos relacionados con este centro, dada a súa importancia histórica, artística e cultural. “O noso Escorial Galego”, subliñou José Tomé, “é un claro expoñente do noso gran patrimonio artístico e forma parte tamén do noso patrimonio emocional”
  • O Alcalde, na súa intervención, puxo en valor a riqueza patrimonial non so de Monforte, senón tamén da Ribeira Sacra, sendo o “Colexio de Nosa Señora da Antiga de Monforte unha xoia do noso patrimonio”, declarada BIC o 12 de marzo de 2021. Neste senso, o Alcalde aludiu á importancia histórica e actual deste centro educativo, “o centro de estudos máis antigo de Galicia, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela.”
  • José Tomé tamén reivindicou que a riqueza patrimonial de Monforte “non só se fundamenta neste excepcional Colexio de Nosa Señora da Antiga”, senón tamén no Conxunto Monumental do monte de San Vicente do Pino, que acolle o Parador Nacional de Turismo e a Torre da Homenaxe, na Xudaría, no Casco Histórico Medieval, que foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC), como Conxunto Histórico Artístico, en 1973, ou na rede museística da cidade, e puxo en valor o Miradoiro do Duque e á Ribeira Sacra, na que está a maior concentración de románico rural de toda Europa

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Concelleira de Cultura, Marina Doutón, foi o encargado de inaugurar na tarde de onte a xornada “O Colexio de Nosa Señora da Antiga. Un exemplo de educación patrimonial” que se celebra hoxe e mañá neste centro educativo monfortino, con motivo do Día do Patrimonio 2022.

No acto, o Alcalde estivo acompañado pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, a directora Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, Mª del Carmen Martínez Ínsua, o xerente da Fundación Colexio de Nosa Señora da Antiga, Francisco Javier Agudo, e pola directora de Caixal Proxectos Culturais e coordinadora desta actividade, Mª del Mar Bóveda López.

O Alcalde, na súa intervención, puxo en valor a riqueza patrimonial non so de Monforte, senón tamén da Ribeira Sacra, sendo o “Colexio de Nosa Señora da Antiga de Monforte unha xoia do noso patrimonio”, declarada BIC o 12 de marzo de 2021. Neste senso, o Alcalde aludiu á importancia histórica e actual deste centro educativo, “o centro de estudos máis antigo de Galicia, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela.”

A xornada organizada polo Consello da Cultura Galega co apoio do Concello de Monforte, precisamente xira arredor de diferentes aspectos técnicos relacionados con este centro, dada a súa importancia histórica, artística e cultural . “O noso Escorial Galego”, subliñou José Tomé, “é un claro expoñente do noso gran patrimonio artístico e forma parte tamén do noso patrimonio emocional”.

E destacou o Alcalde o papel fundamental que na educación dos monfortinos e monfortinas ten este centro, xeración tras xeración: “é parte esencial da nosa identidade e orgullo como monfortinos, do noso ser, porque é protagonista dos nosos recordos, da nosa vida diaria, e porque está cheo de vitalidade, pois segue sendo o berce no que se forma dende hai moitísimas xeracións unha parte do tesouro máis prezado que temos como sociedade: os nosos nenos e nenas”.

Do mesmo xeito, o rexedor monfortino aproveitou para recoñecer o traballo de “todos os homes e mulleres que levantaron, mantiveron e mantelen este conxunto monumental e este Colexio en funcionamento”, en especial o do seu impulsor e artífice, o Cardeal Rodrigo de Castro. “Esta iniciativa do Cardeal, grazas á que hoxe Monforte é referencia histórica, artística e cultural, mudou ademais a trama urbana da cidade, pois, por orde súa, abriuse a actual rúa do Cardeal, para unir directamente este Colexio co centro da cidade. Esta rúa, así como explanada dos Escolapios, constitúe un dos eixos da vida social e económica monfortina”.

Monforte e a Ribeira Sacra, referentes patrimoniais

O Alcalde tamén reivindicou que a riqueza patrimonial de Monforte “non só se fundamenta neste excepcional Colexio de Nosa Señora da Antiga”, senón tamén no Conxunto Monumental do monte de San Vicente do Pino, que acolle o Parador Nacional de Turismo e a Torre da Homenaxe, na Xudaría, que permite a Monforte formar parte da Red de Juderías de España, ou no Casco Histórico Medieval, que foi declarado  Ben de Interese Cultural (BIC), como Conxunto Histórico Artístico, en 1973.

Tamén puxo de relevancia o Alcalde a importante rede museística da cidade, onde destaca o Museo das Clarisas, que é un dos mellores museos de arte sacro e arte italiano do século XVI de España, o museo do Pazo de Tor, o do Ferrocarril de Galicia e o Museo do Viño.

Tamén puxo en valor o rexedor municipal, dentro do patrimonio paisaxístico, o Miradoiro do Duque no Canón do Sil, situado xusto encima do embarcadoiro Ponte do Sil, de onde saen os catamaráns da Deputación de Lugo, “elementos cos que podemos descubrir a beleza e a maxestuosidade dos viñedos da Ribeira Sacra, na que está a maior concentración de románico rural de toda Europa”.

Concluíu José Tomé destacando que “todos estes elementos permítennos destacar o potencial patrimonial da nosa cidade e da nosa terra. Son as nosas sinais de   identidade e un poderoso reclamo turístico, arredor do que articulamos unha oferta turística e cultural de calidade, sostible, non masificada e de experiencias”.

También te podría gustar...