Mitín do BNG – Asambleas Abertas en Rubiá
Mitín do BNG – Asambleas Abertas en Rubiá co lema ‘Xa é tempo de levar a democracia ao Concello de Rubiá’. O BNG de Rubiá converteu o mitin no acto central dunha campaña intensa que se está a levar polos espallados núcleos poblacionais deste concello.
Moncho do Porto, candidato á alcaldía de Rubiá fixo no seu discurso un breve percorrido pola vila, destacando todo aquelo que se debe cambiar. Así mesmo, e a modo de caderno de viaxe no que se vai facendo apuntamentos, percorreu pormenorizadamente todas as parroquias polas que pasou nestes días de campaña recollendo as queixas da veciñanza e achegando o seu programa de goberno.
Moncho, arroupado polas persoas que configuran a súa candidatura e mais por destacados militantes nacionalistas do resto da comarca, deu un speech moi acorde con que nouvía, e recalcando que “non quero pecharme nunha casa da cultura para vos falar, como símil ao que quero facer con este Concello: abrilo á veciñanza, facelo participativo, pois este concello é de todos, xa é tempo de que a democracia entre nel” dixo Moncho arengando á praza á que lle arrincou varios aplausos cando nun ton irónico explicou como a Casa Consistorial “está pechada nalgúns momentos e a única porta con acceso a persoas con mobilidade reducida leva anos sen se abrir”.
“Desde hai moitos anos este concelllo ten recibido moitos cartos de fondos europeos, onde están eses cartos?, onde se invertiron?” preguntábase o candidato á alcaldía. Aproveitou a ocasión para criticar as comunicacións tanto os camiños que unen as parroquias como os accesos a Rubiá, localizada no rural dunha comarca incomunicada”.
O candidato criticou o elevado número de persoas paradas no Concelllo de Rubiá e lembroulleao alcalde a promesa incumplida de hai 4 anos cando se comprometeu a crear 104 empregos. E a renglón seguido comprometeuse a actuar do xeito contrario ao alcalde “que contrata sempre a empresas de fóra para os servizos que externaliza, que cada día son máis”.
O relato tamén entrou na política miúda, criticando unha “nefasta xestión do lixo, nun Concello que fai a recollidaunha vez por semana namaioría das parroquias”. Así mesmo criticou os vertedoiros incontrolados “pola inexistencia dun punto limpo e a obrigatoriedade dos e das rubianesas de levar os grandes residuos a outrosconcellos”.
O acto estivo precedido dunha Timba Poética na que os e as participantes se adiantaron a celebrar o Día das Letras, pois “é o día da cultura e da lingua no noso País”, dixo Manuel Agra, Responsable Comarcal do BNG en Valdeorras, que fixo un símil dos concellos descritos hai 100 anos por Valentín Lamas Carvajal con Rubiá, rematando por dicir que “hai que liberar Rubiá”. A Timba comezou con poemas dos valdeorreses Florencio Delgado Gurriarán e Rosa Enríquez, e seguiucoselixidos polo propio líder dos nacionalistas de Rubiá que ten predilección por Manuel María e Uxío Novoneyra.
Manuel Agra destacou a inexistente dinámica democrática “neste concello oscurantista, que xa en campaña tratan de amedrentar ao candidato do BNG non só desde as autoridades locais tirando a publicidade de campaña, senón que desde as filas do PSOE e o PP local están a pedirlle, até baixo ameazas, que retire a súa candidatura».