Mitin central de campaña de Riada Cidadá en O Barco

RC_Mitin02

 

Tivo lugar o acto principal dentro dos numerosos actos que Riada Cidadá tiña preparados para estas Eleccións Municipais 2015.

Como colofón a unha campaña que levan a cabo con ilusión e co inestimable alento de numerosos veciños e veciñas, prepararon un evento no que expuxeron as claves do seu programa.

Antes da intervención dos catro primeiros candidatos da súa plataforma, o numeroso público asistente gozou dun excelente monólogo musical a cargo do dúo Bátega.

RC_Mitin04

A continuación, a número 3 da lista, Marta Díaz, foi a encargada de presentar a Félix García Yáñez, cabeza de lista quen falou da Historia do Auga en Valdeorras e a conveniencia das súas remunicipalización, así como a desprivatización do servizo do lixo e a ORA.

RC_Mitin05

 

 

O número 2 na lista de Riada, Pedro González, expuxo a necesidade de facer unha auditoría no Concello para eliminar os gastos superfluos e destinalos a resolver os numerosos problemas sociais do Barco. A rolda de intervencións pechouse co número 4 da lista, José Paradelo Pombo que falou da súa idea de máxima participación cidadá e unha conexión continua cos pedáneos.

RC_Mitin01

RC_Mitin03

También te podría gustar...