Memorable concerto de «A Quenlla» en Arteixo

Dúas horas de música, palabra e compromiso encheron o auditorio de Arteixo, nun concerto no que se presentaban por primeira vez nese concello. A xente resitíase a que o espectáculo rematase, pedían máis e máis… a súa xenerosidade ofreceu tres bises entre grandes ovacións dun público posto en pé. 

11751172_691285990976552_790596155_n

A noite do venres A Quenlla subiu ao escenario no Auditorio de Arteixo para presentar o seu disco “Desorballando outonos”, homenaxe ao poeta Xosé María Díaz Castro, nunha noite chea boa música. O acto foi presentado por Xulio Xiz, dando paso á proxección dun video onde se nos amosaba a Díaz Castro recitando algún poema da súa propia autoría. Tamín interviú Alfonso Blanco que falou da personalidade e fundamento poético do seu ben querido amigo Xose María Díaz Castro, convidando a facer as nosas “Letras sempre”

11719947_691285987643219_1830935145_n

Abriu o concierto A Quenlla con “Coma brasas” á que seguiron outras cancións do disco, tales como A balada da araña, Chove e máis chove, In Memorian a Anxo Fole, Busquei a praia, O Outono, Oración polos tolos… Magnífico xeito de enfocar o esplendor da obra do poeta, que nas voces do grupo adquire unha dimensión sublime.

11721143_691285994309885_1059810002_n

Pasearon ás súas canciones polo escenario nun marabilloso concerto que deixou ao público pegado ao seu asento durante as dúas horas nas que poidemos disfrutar da súa arte. O público asistente, chegado de diversos puntos da xeografía galega e tamén española, era un público moi diverso, infancia, mocidade, maiores… todo o público cantaba, coreaba e pedía máis e máis. A xenerosidade do grupo plasmouse en tres agasallos a modo de canción. Comezaron con Díaz Castro e remataron co Carro, convertido xa nun himno, de Manuel María, poeta amigo a quen tantas cancións lle levan adicado durante a súa traxectoria musical.

A ORGANIZACIÓN INVITA A SEGUIR ESTE CAMIÑO

O concerto foi organizado pola Asociación Cultural Lisístrata, a súa presidenta Ana Hermida, invita a todas as asociacións culturais a seguir loitando por achegar este tipo de espectáculo a todos os lugares de Galiza. O venres había entre o púbico representantes de varias asociacións culturais galegas, xa que era a primeira vez que este tipo de espectáculo era organizado por unha asociación, Ana Hermida sinalaba que “valorar a cultura está nas nosas mans”. Tamén queren agradecer ao grupo A Quenlla a súa entrega e transmitirles todos os parabéns recibidos ata o día de hoxe, do público asistente, igualmente agradecer ao equipo de son, personificado en Miguel, as horas de traballo e o seu bó facer no concerto do venres.

A QUENLLA

A Quenlla naceu en 1984. Os obxectivos fundamentais con que naceu A Quenlla eran, entre outros, continuar no mundo da música e da palabra, logo da primeira experiencia con “Fuxan os Ventos”. Deste xeito, quixeron crear unha nova agrupación para dinamizar -coma suma de vontades e un xeito específico de facer- a Cultura Galega e, de xeito especial, a canción.

Desde os seus inicios, A Quenlla puxo unha especial atención na Cultura Tradicional, asumindo como base a memoria colectiva e, como fundamento histórico, recuperala do abandono e do esquecemento, transmitindo unha versión de moitos feitos que poucas veces se contaron. Asumiron así a obriga de non permanecer impasibles nin mudos diante dos feitos e dos acontecementos que suceden ou poidan suceder na nosa Patria, actuando como relatores e cantores dos mesmos. É por iso que moitas veces A Quenlla colle textos de poetas e de escritores para, imprimíndolles musicalidade, devolvelos en forma de canción e de mensaxe que conxugue Palabra e Sentimento Musical do propio creador.

Adoptar unha postura crítica e un compromiso diante dos acontecementos é o que move a A Quenlla, que non canta por cantar, senón que o fai para expresa-lo seu propio punto de vista.

Desde entón, as súas cancións veñen sendo unha mestura de música tradicional recollida directamente por eles mesmos con outra música baseada en textos de autores -homes e mulleres da Palabra- que resisten inflexibles na procura da recuperación da memoria histórica, dos dereitos culturais e da dignidade como Pobo.

Hoxe integran A Quenlla: Chus, Tareixa, Mariña, Iria, Irati, Mijail, Saxa, Omeljan, Mini e Mero.

También te podría gustar...