Manzaneda será un motor económico provincial
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu fai uns días no Pazo Provincial ao director xeral de MEISA, Gustavo Sanmartín, quen lle planteou ao presidente do goberno provincial novos proxectos para desenvolver na estación de montaña. Sanmartín informoulle a Baltar do estado económico e financieiro da sociedade e do relevante papel que terá a Deputación de Ourense logo de adquirir o 28% da empresa.
No encontro, Baltar e Sanmartín analizaron o avance do proxecto de innivación e os permisos ambientais necesarios, reafirmando o presidente provincial a súa «aposta ineludible» polo futuro da estación de montaña ourensá, porque «crer en Manzaneda é crer en Ourense e posicionarse con contundencia a favor do discurso do equilibrio territorial e ver o futuro».
Asemade, Gustavo Sanmartín informou a Manuel Baltar de novos proxectos, únicos en Galicia, «que manterán un fluxo crecente de visitantes á estación de montaña, repercutindo así na economía da comarca e da provincia», destacou o presidente da Deputación.
Gustavo Sanmartín celebrou o recente ascenso acadado polo Club Ourense Baloncesto (COB) á Liga ACB e propúxolle a Manuel Baltar –como presidente dunha entidade que é accionista do club- a posta a disposición do COB das instalacións da estación de montaña para que o equipo realice alí seu stage de pretempada, cuestión que Baltar se comprometeu a trasladar á directiva do Club Ourense Baloncesto