Manuel Baltar reúnese hoxe en Madrid con responsables de Fomento para tratar temas turísticos e ferroviarios
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, manterá mañá en Madrid unha reunión de traballo coa ministra de Fomento, Ana Pastor, e co secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez-Pomar, para analizar o acceso do AVE en Ourense. Na xuntanza participarán tamén o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez. Asemade, a axenda de Manuel Baltar en Madrid inclúe unha reunión con responsables do Ministerio de Fomento para analizar temas turísticos relacionados coas infraestruturas ferroviarias da provincia de Ourense.