Manuel Baltar presenta a promo documental da «Ourense ICC Week»

  • O documental será presentado oficialmente no Festival de Cine de Ourense.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou esta mañá no Centro Cultural «Marcos Valcárcel, xunto co deputado de Cultura, Manuel Doval e o asesor de Cultura da Deputación de Ourense, Aurelio Gómez Villar, o vídeo promocional da «Ourense ICC Week 2015» así como a canle de youtube «Ourense ICC Week».

Manuel Baltar presenta a promo documental da “Ourense ICC Week”

Manuel Baltar presenta a promo documental da “Ourense ICC Week”

O documental da «ICC Week 2015» será oficialmente presentado no Festival de Cine de Ourense e, posteriormente, terá lugar a súa estrea en Madrid, para que «novamente Ourense sexa no ano 2016, un referente na vangarda creativa das industrias culturais de ámbito nacional e mesmo internacional», asegurou Manuel Baltar, e engadiu, «o impacto da ICC Week foi evidente, a Deputación de Ourense xa facía cuestións culturais importantes que apostaban polo tradicional e compleméntase esa actividade cultural cunha aposta pola cultura de vangarda e a creatividade coa ICC Week 2015».

Esta iniciativa cultural conta xa cunha canle de youtube, «Ourense ICC Week», onde xa é posible visionar tanto o video promocional presentado esta mañá como as conferencias da xornada inaugural do presidente da Deputación de Ourense e do economista Pau Rausell. Nesta canle iranse subindo todos os relatorios celebrados no certame, o único evento a nivel nacional no ámbito de creatividade cultural nas súas máis variadas facetas e disciplinas, como a videográfica, audiovisual e literaria.

Asemade, o presidente da Deputación de Ourense adiantou algún dos preparativos que se están a levar a cabo para a celebración da «ICC Week 2016» enmarcado dentro do Plan 15-19, entre as que cabe destacar «a actuación en directo dun artista de primeiro nivel», asegurou Manuel Baltar. Esta nova edición tamén contará coa característica da descentralización das actividades «para que todo o territorio da provincia se beneficie desta sacudida intelectual e de vangarda que sen dúbida vén a enriquecer o discorrer creativo e cultural da nosa provincia», declarou Manuel Baltar.

 

También te podría gustar...