Manuel Baltar pide no Parlamento unha ‘descentralización provincial’
- Reivindica que a Comunidade Autónoma transfira ás deputacións moitas das competencias que xestiona na actualidade.
- Na súa comparecencia na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos, o presidente da Deputación de Ourense volveu reclamar hoxe a reforma da lexislación electoral para a elección directa dos membros da corporación provincial.
- Baltar tamén pediu a participación das deputacións na recadación dos tributos autonómicos, e a reforma da Lei de Administración Local de Galicia, para adaptala á nova lexislación estatal.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, compareceuo pasado mércoes diante da Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para dar conta das liñas xerais dos orzamentos da Deputación de Ourense para o ano 2015, que foron aprobados no pleno da Corporación Provincial do pasado mes de outubro por primeira vez na historia da Deputación de Ourense. O presidente provincial pediu «a este Parlamento e ao goberno autonómico» «unha descentralización provincial, medida encamiñada á cooperación cos gobernos locais», por entender que as deputacións «son as administracións máis achegadas aos concellos e que os concellos son os máis próximos aos cidadáns». «Non fagamos que estes 36 anos da historia de España –remarcou Baltar- consistan so en mudar o centralismo de Madrid polo centralismo de Santiago».