Manuel Baltar participou nas reunións dos consorcios contra Incendios de Valdeorras, Verín e A Limia

Reunión Consorcio Valdeorras

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Luis Menor, participou hoxe nas reunións dos consorcios contra Incendios e Salvamento das comarcas de Valdeorras, Verín e A Limia. As ordes do día das devanditas xuntanzas, incluíron temas económicos e de xestión, entre os figuraron informes de xerencia, aprobación de orzamentos para 2015 e tomas de posesión de novos representantes dos plenos e renovación de cargos. Nas reunións tamén participaron o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez e alcaldes das comarcas de Valdeorras, Verín e A Limia.

También te podría gustar...