Manuel Baltar: «O que lle vai ben a Ourense ten que ter á Deputación ao seu carón, nunha clara aposta polo emprendemento e o territorio»

1 1 1 1 1 1 1 1 MB e CEO xul15 (1)

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou o pasado luns xunto ao presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), José Manuel Pérez Canal, e o responsable territorial de Abanca, Rubén Saavedra, na presentación da Oficinal de Atracción de Investimentos da CEO, que tivo lugar na sede da entidade empresarial.

Manuel Baltar dixo que a Deputación «ten que estar nesta iniciativa porque conformamos xunto cos outros dous integrantes da mesa as institucións público e privadas que temos un obxectivo común que coincide co noso ámbito territorial: a provincia de Ourense, e iso conleva interiorizar tres palabras, cuxas iniciais son las mesmas que as da CEO, como son «Creo en Ourense»; tres palabras que son unha fortaleza para defender a nosa riqueza e as nosas potencialidades; temos que sumilas e temos que traballar para facelas rendibles, non só cultural e socialmente senón tamén economicamente».

O presidente do goberno provincial falou do importante valor da Ribeira Sacra e tamén da aposta de Abanca e da Deputación co Plan «Transforma Ourense», asinado por estas dúas entidades, «e que puxo a disposición das pemes, administracións locais e cidadáns un total de 30 millóns de euros para proxectos de competitividade, e así é como se fai camiño para dinamizar o noso territorio».

Manuel Baltar destacou os catro eixos estratéxicos de desenvolvemento para a provincia de Ourense nos vindeiros catro anos como son o Plan «Ourense, a provincia termal»; o Plan de Competitividade para empresas, con axudas para a internacionalización, presentado en Bruxelas o ano pasado; a primeira Axencia da Enerxía e do Medio Ambiente do Estado, e un plan que converta a Ourense en «provincia intelixente» no ámbito do uso da intelixencia tecnolóxica. «Iso é pensar en clave de provincia, e o acto de hoxe significa unha unión co empresariado ourensán, que vai ter permanencia no tempo, e para mellorar nos ámbitos demográfico e de emprego hai que actuar coa base posta nesta cooperación público-privada que se visualiza no convenio que da lugar a esta Oficina de Atracción de Investimentos. Porque todo o que lle vai ben a Ourense ten que ter á Deputación ao carón, é como é este caso, ao lado do emprendemento».

A Oficina ten como obxectivo «dinamizar a actividade económica na provincia mediante a atracción de potenciais investidores, ofrecendo o apoio necesario para que se localice calquera tipo de actividade económica», explicou Pérez Canal. «Con esta ferramenta –dixo- preténdese publicitar as potencialidades da nosa provincia coa finalidade de facer negocio».