Manuel Baltar defende na FEMP a importancia da cooperación do municipalismo

  • A Deputación de Ourense forma parte dende hoxe da Rede española de entidades locais pola transparencia e a participación cidadá, integrada por 176 entidades locais
  • A solicitude para a integración de Ourense na rede foi defendida en Madrid polo presidente do goberno provincial na reunión da Xunta de Goberno da FEMP
Xunta de Goberno da FEMP

Xunta de Goberno da FEMP

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defendeu hoxe na Xunta de Goberno da FEMP, que celebrou a súa reunión en Madrid, “a importancia da cooperación nesta nova etapa do municipalismo español, marcada pola máxima transparencia e a colaboración interinstitucional, dando cabida á proactividade e á participación da cidadanía nas decisións e proxectos dos gobernos locais”.

Neste sentido, dende hoxe, a Deputación de Ourense forma parte da Rede española de entidades locais pola transparencia e a participación cidadá, integrada por 176 entidades locais das máis de 8.150 que existen en todo o territorio estatal. Na reunión da Xunta de Goberno da FEMP deuse conta da solicitude de 21 novas adhesións á dita rede de transparencia e participación cidadá, relación na que só figuran dúas deputacións, Ourense e Castellón, sendo o resto concellos de diferentes cidades de España. En total, o número de habitantes que abranguen as entidades locais adheridas á rede ascende a 15.862.875.

Manuel Baltar

Manuel Baltar

Na reunión da Xunta de Goberno da FEMP tratáronse ademais temas relativos á Central de Contratación da FEMP; o convenio entre a FEMP e a Fundación Tripartita para a Formación no Emprego, acordo que ten como obxectivo a realización de actividades relacionadas coa difusión e a extensión da formación profesional para o emprego; e analizouse o papel das deputacións provinciais e os cabildos e consellos insulares ante o novo marco comunitario 2014-2020.

No ámbito económico, abordouse a aprobación do proxecto de Ley de Orzamentos Xerais do Estado para 2016 e deuse conta da adhesión da FEMP  á campaña internacional para a Década do Emprego Xuvenil. No que atinxe á Igualdade, aprobouse a proposta de declaración institucional da FEMP con motivo do 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra a muller, e en canto a redes territoriais, aprobouse a incorporación da FEMP na Rede española de cidades saudables.

Finalmente, no que atinxe ao ámbito internacional, informouse sobre a comisión interterritorial de cooperación para o desenvolvemento, deuse conta do Pleno nº114 do Comité das Rexións de Bruxelas, e dos días mundiais do Hábitat, das Cidades e para a Erradicación da Pobreza.

 

También te podría gustar...